Páxinas

mércores, 22 de outubro de 2008

Maxia do abandono



Este tempo de outono ten un aire triste e como de abandono. Non sei a ti pero a min sempre me atraeron os lugares abandonados ou arruinados e o ano pasado non puiden evitar a tentación de entrar nun pazo abandonado cerca de Vilaguindastre. Supoño que será ilegal pero movíame a curiosidade por ver por dentro aquel lugar. Ao final non tiña ningún misterio anque a silla esa que mira á fiestra non sei que será.

E como hai blogos de todo hai un blogo adicado a lugares abandonados como minas, aldeas ou puticlús !.

Vía magago.

14 comentarios:

  1. Home, ver no se ve moi ben, pero a min paréceme unha camilla para exploracións xinecolóxicas. ¿Ti que dis?. Habería que saber de quen foi a casa, ¿quizáis dalgún médico?.

    ResponderEliminar
  2. :) Eu tb gosto desse tipo de lugares abandonados ou um pouco decadentes...

    ResponderEliminar
  3. Os lugares abandonados son especiais para facer tomas de películas onde os ladróns facen xuntanzas e reparten os botíns...

    Por certo, qué silla misteriosa...


    Ten coidado de facer cousas ilegais ;-) ;-)

    Saúdos.

    Antón.

    ResponderEliminar
  4. Quen non sinte curiosidade de ver ou coñecer.
    Lémbrome que de pequeno, coa pandilla entrábamos en casas abandoadas, granxas ou fabricas, facendo como de expedicionarios. Levabamos os nosos sustos, pero pasabamolo ben, era unha aventura.

    ResponderEliminar
  5. Eu tamen gosto dos lugares abandoados con esa histopra agochada entre os mobles.Apertas pai

    ResponderEliminar
  6. "Efestivamente" é unha cadeira de xinecólogo.

    A min fascínanme as casas ás que lles falta unha das fachadas por derrube e dentro vense os restos da vida que houbo dentro.

    ResponderEliminar
  7. pois a cadeira esa que mira pola fiestra, parece sí, como varios din por aquí, a dun xinecólogo, pero... poidera ser unha cadeira para torturas... quen sabe

    unha aperta

    ResponderEliminar
  8. Olá Paideleo.

    Xa estou de volta. Graciñas polo enlazo a ese blog. Eu tamén sinto unha misteriosa curiosidade polos lugares abandonados (a intrahistoria quizaves).

    Saudiños

    ResponderEliminar
  9. Puticlubs abandonados, ¿onde, onde?

    ResponderEliminar
  10. Este post faime lembrar a casa abandonada dos meus avós na aldea, co forno de pedra por fóra, a corte entrando á man esquerda, á dereita a cociña coa lareira, o chinero e a hucha. E arriba, subindo unhas escaleiras de madeira, o cuarto valeiro, só cun baul que contiña roupa e vellas postais.
    Teñen encanto as casas abandonadas (os recintos militares ou hospitais, como os que mostra o blog que anotas xa non me atraen tanto)

    ResponderEliminar
  11. puticlús abandoados? Entón si que me deixas parva.


    Un bico.

    ResponderEliminar
  12. A camilla da calafrios. I eso que eu non vou ó xinecólogo!!

    ResponderEliminar
  13. Esa camilla mete medo, parece que esta todo preparado para unha pelicula... !!!de medooo!!!!

    ResponderEliminar
  14. Me llamó la atención esta entrada...misterioso todo... voy conociendo tu blog, y me gusta

    besiños

    ResponderEliminar

És humano ti ?