Páxinas

luns, 6 de outubro de 2008

Meme do derradeiro día

Recibín invitación dende tres bandas para facer o meme do derradeiro día e estou máis que obrigado a responder.
O meme trata disto: suponse que estou no derradeiro día da miña vida e teño que responder a estas cinco cuestións.

1- Que canción me gustaría escoitar ?. Eu non son muito de cancións pero postos a pedir quería escuitar " O cóndor pasa " de Simon and Garfunkel e " Os animais " de Luar na Lubre.

2- A que libro lle botaría un ollo ?. Ningún en concreto e todos en xeral. Botaríalle un ollo á miña biblioteca e acabaría por ordeala e forrar os libros que me faltan. Non deixaría de reler " El Quijote " de Editorial Naranco que teño en cómic.

3- Con quen me gustaría falar ?. Máis que falar deixaría escritas cartas a familiares e amigos. Tamén deixaría para Leo e o seu irmán a mensaxe de Randy Pausch.

4- Que me gustaría comer ?. Muitas cousas !. Case morrería de empacho !. Supoño que con polbo á feira e navallas me conformaría. Se o día é frío unhas castañas asadas estarían mui ben.

5- Que faría e que me quedaría pendente por facer ?. Quedar por facer, quedaría muito e non sei polo que decidirme xa que procuro non pensar no futuro. Gustaríame estar na illa de san Martiño ( a da foto ) coa miña moza con champán e os dous sós nun día quente de verán. Só para apañar caramuxos, non penses mal.

Tócame embarcar a alguén no meme este e vou dicir: Dorvisou, Mr. Tichborne, Besbellinha, enmeigada e abuela Cris.

9 comentarios:

  1. Vexo que o polbo é un protagonista importante do derradeiro día para moitos jajajaja

    Saúdos.

    Antón.

    ResponderEliminar
  2. Ao das castanhas aponto-me, que estamos na época, e agora que vem o frio apetece muito...

    ResponderEliminar
  3. Estos memes son un pouco tétricos de máis.

    ResponderEliminar
  4. No do polbo á feira estivemos case todos dacordo.

    Esta fin de semana pasada fun comelo ao Meson do Pulpo, en Santiago, disque o mellor polbo de Compostela.

    Gustoume, gustoume.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  5. ...pois coido eu que xa debe quedar pouca xente do blogomillo sen facer o meme.

    A darlle que é duro!!

    ResponderEliminar
  6. Haberá alguén que non lle goste o polbo? Penso que non, e o dos caramuxos, vai en plan broma, non?

    ResponderEliminar
  7. Sempre fuches un pouco rariño. Mira que o último día pasalo a apañar caramuxos. Só che faltou dicir que non che importaría pasalo a vendimar.
    E si que temos que quedar para comer o polbo.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  8. Pois a verdade é que si o contestei rápido, pero tiña pensado publicar algo no blog e non tiña ideas ;)

    ResponderEliminar

És humano ti ?