Páxinas

mércores, 8 de outubro de 2008

Meme do millonario excéntrico


Ten razón o comentarista anónimo que di que o meme do derradeiro día é tétrico de máis. Así que vou crear un meme .
O meme chámase: o millonario excéntrico. Nel hai que nomear polo menos cinco excentricidades que poderías permitirte facer se foses millonario de poder ilimitado. No meme non pregunto polo típico que farías se foses millonario senón polo raro de máis. E agora empezo eu e como soñar é bonito e barato vou dicir cinco excentricidades:
1- Usaría calzóns e calcetíns só unha vez.
2- Aprendería a pilotar un helicóptero e voaría sempre que puidese.
3- Montaría un cámping ou hotel con hórreos abandonados que se rehabilitarían.
4- Mercaría un terreo de 100 quilómetros cadrados e pecharíao para que non entrase ningunha persoa e sería un santuario da natureza.
5- No muro de peche mandaría esculpir o meu blogo con fotos e comentarios incluidos en plan faraónico, seino, para a posteridade.
E agora mando seguir este meme a: Veca, Rui, Paidovento, Conxurada, la queue bleue, Marcus, carlos sousa, manuel l. rodrigues, meninheira, kaplan, peke, cuspe de pita, bágoas insomnes e mer. Anque pode seguilo calquera.
Na foto saen o campo de hórreos de Lindoso no norte de Portugal no ano 2002.









22 comentarios:

  1. Acabo de reengancharme ao blog pola túa culpa e xa atopo con outro meme. Este si que é o do día despois, jeje. MILLONARIO ILIMITADO e excéntrico. Está ben, desta si que rematarei a cidade da cultura eu soíño.
    Apertas, meu.

    ResponderEliminar
  2. hahahaha o que me rin coas túas excentricidades!!!
    En canto poida o fago (menos mal que non me pasaches o do último día, concordo no que da un mal rolloooo...)

    Un biquiño e grazas por acordarte de min :)

    ResponderEliminar
  3. Interessante essa de um santuário da natureza com placards faraónicos sobre o blog...
    Isso não era poluir o santuário?
    rsrs.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  4. Haberá que pensar algo, pero non é nada doado, nunca me imaxinen millonario e moito menos excéntrico.
    A ver que sae.

    ResponderEliminar
  5. Xa boto a voar a imaxinación :-)
    Imos ver que excentricidades se me ocorren ;-)

    Bicos

    ResponderEliminar
  6. bueno bueno, interesantes as túas respostas, dame uns días e verás as miñas :-)

    ResponderEliminar
  7. Este meme gustame mais, contentasrei no meu blog
    Un abrazo. A.Cris

    ResponderEliminar
  8. qué difícil!! teño que pensar, a ver se no fin de semana de súpeto apetéceme facer algo rariño e excéntrico de máis para poñelo no meme.

    tiña oído falar dos muíños de picón e folón, no rosal, que aínda non os fun ver pero deste ano non pasará, buscarei info sobre estes, serán a seguiente "visita muiñeira"

    ResponderEliminar
  9. En el blog de nuestro amigo (paideleo) estamos invitados a contestar a dos (memes –derradeiro día – millonario excentrico) el primero me hizo pensar y el segundo me dio la respuesta. “La perla” de John Steinbck
    Un saludo. A.Cris

    ResponderEliminar
  10. Dese suposto millonario gústame a idea de pechar os cen quilómetros cadrados para museo da natureza. Que lugar tan fermoso para invitar aos amigos.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  11. Enteirado. En canto poida, fareino. Dende logo, a idea é boa.
    Por certo, iso de poñer calzóns unha soa vez pódese interpretar de moitas maneiras.

    ResponderEliminar
  12. Cada vez son menos excéntrica, pero farei o que poida.

    ResponderEliminar
  13. vale, tomo nota, pero déame tempo porque non estou nada afeito a ser rico, e teño que pensar un pouco.

    ResponderEliminar
  14. Tamén poderías invertir o diñeiro en rematar as obras do AVE, oh!

    ResponderEliminar
  15. ...pois nada: Haberá que cumplimentar ese meme logo...

    ResponderEliminar
  16. ¿Que tal lle vai a tua muller co do embarazo....?
    Dos libros non che digo, nada, cando teña tempo vou a ver si che mando un archivo de afiches antigos do peliculas, que recibin o outro dia, e moi fermoso.
    E do demais,,,,pois xa vedes, imos.

    ResponderEliminar
  17. Xa fixen os deberes :)

    Un biquiño *

    ResponderEliminar
  18. Passei. Deixo um abraço e votos de bom fim de semana

    ResponderEliminar
  19. a mín o que me gustaría facer é levantar barricadas nas cidades e asaltar tódolos bancos e logo tirar os cartos dende o alto dos edificios.

    ResponderEliminar
  20. jajajajjajaja, a ver a ver, eu...

    ResponderEliminar
  21. MEME cumprido, un pouco tarde, pero bueno

    Bicos

    ResponderEliminar

És humano ti ?