Páxinas

xoves, 16 de outubro de 2008

Palmira


Hoxe estivemos falando no choio de xubilacións e o pouco tempo que queda despóis para desfrutar da vida. Bueno, iso se non se dura o que dura Palmira Paramos que sae toda gabacha na foto despóis de estibar un tractor de leña. Hai compañeiros que son veciños dela e falan de cando en vez dela. Entroume a curiosidade, busquei na interrede, topei un vídeo e subín esta foto.

Aí onde a miras Palmira ten 106 anos cumpridos e ten unha saúde de ferro. Vive soa, fai almorzo e xantar para ela, cuida as galiñas, traballa na horta e ata ten viñas. Nunha entrevista di que o seu segredo é comer do que lle dá a horta, beber un vaso de viño coa comida e durmir unha sesta. Pero na entrevista non contan detalles simpáticos como os que me dixeron os compañeiros. Palmira vai á médica a camiñar e serán uns catro quilómetros ida e outros tantos volta e ten que ir sen comer para as probas. A médica pregúntalle se almorzou e ela dixo: Almorzar non almorcei pero non saio da casa sen tomar a parva ( cunca de cachaza ou augardente ). Outra anécdota que me contaron foi que a colleron apañando leña nunha propiedade que non era súa e ela respondeu: Home claro, teño que gardar a miña leña para o futuro por se me fai falta.

Nada, que esta muller é especial.

9 comentarios:

  1. Un exemplo de fortaleza e ánimo.

    Non creo que alguén da cidade (de Bos Aires, por exemplo) poida chegar a tantos anos.

    Unha aperta.

    Antón.

    ResponderEliminar
  2. O segredo está na felicidade. Viches que ollos ten? ahí está a clave. :)

    Un bico

    ResponderEliminar
  3. Vaia lonxevidade, que envexa.
    O de tomar a parva a media mañá estaba moi extendido polas aldeas. As veces era un anaco de pan enchoupado en augardente de herbas, que está caralludo, por certo.

    ResponderEliminar
  4. Pois si, a felicidade, ou bueno, case diria o sorriso, a actitude na vida, e o que nos fai mais fortes. ( Ultimamente non creo moito en certos termos, como os da felicidade)

    Graciñas por esta historia, Palmiras, non ai moitas, apenas coñecin duas na miña vida, e é moi satiafactoria saber doutras palmiras, jejje, supoño q si me chamara, maria, ou carmen ou teresa, esta nova, quizais, non chamaria tanto a miña atención, pero o meu nome, eche rariño en persoas da miña idade e claro, alí onde atopo o meu nome, miro e miro.

    Un biquiño !

    ResponderEliminar
  5. E ademáis vive pensando no futuro! iso si que son ganas de vivir. Pois que siga moitos anos máis a apañar a leña na do viciño!

    ResponderEliminar
  6. e tan especial!
    estou de acordo en que a sua alimentación fai o 50% do miragre, e o outro 50% é mérito seu, nin stress..nin farrapos de gaitas
    un bico

    ResponderEliminar
  7. Firmaría agora mesmo chegar a eses anos, e sobre todo no estado dela.

    A veces, non se lle pode chamar roubar, sinón facer por ter, que no é o mesmo.

    ResponderEliminar
  8. ala vai! 106 anos e como está! mi madrinha! ver para crer! beijos

    ResponderEliminar
  9. teño que apuntarme eu a iso da parva!

    :-)

    ResponderEliminar

És humano ti ?