Páxinas

luns, 27 de outubro de 2008

Vintecinco meses



Hoxe o naipelo cumpriu os vintecinco meses. Empeza a correr cando lle apetece e a facer o que quere. Encántalle o colo e ir ao parque a botarse polo " tabán " de cu. Tamén é un exquisito coa comida e encántalle a sopa e as lambonadas: " tata ", " tetas " ( galletas ) e " sixo " ( galletas con forma de Simpsons ). Fala todo o tempo cousas que non se entenden intercaladas con palabras coñecidas e tamén lle gusta cantar ao seu xeito. Quere mirar o DVD de Miliki e di " ovos " para la Gallina Turuleca e " Ola Pípol. Ola Cosé " para " Hola Don Pepito. Hola Don José ". Repite todo coma un loro e agora encántalle a gardería. Di a educadora que baila e fai rir aos compañeiros e que temos que mandalo á televisión. Non sei se será para tanto pero deixo aquí un vídeo del bailando para que opines.

21 comentarios:

  1. Creo que hai algún programa na tv de baile, asi que podes aproveitar porque o chaval amosa maneiras.
    E grazas porque agora xa creo nos puticlubs abandonados.

    ResponderEliminar
  2. hahaha qué rico! o final mareouse non?
    Este rapaz retíravos!! :DDDDD

    ResponderEliminar
  3. non o mandedes á televisión, que os tesouros compartidos son menos tesouros

    ResponderEliminar
  4. Está moi simpático, non me estraña que os compañeiros rían con el. Ten un carácter sumamente agradable. Tamén os pais.
    Vai ter moita sorte cando poida ler a súa biografía aquí no blog. É un agasallo impagable que ti lle vas elaborando no decorrer dos días.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  5. fantástico. mesmo engrazado! nom o levedes a tele...mira como acabam todos da cabeza...
    beijos

    ResponderEliminar
  6. Vai para rapeiro ! ;-)
    Dalle moitos bicos que está para comelo :-))

    ResponderEliminar
  7. Este rapaz está feito un artistazo, e en movemento é moito máis guapo.

    Apertas a ámbolos dous.

    ResponderEliminar
  8. ooooohhhh, aquí hai carne de folclórico! :D

    ResponderEliminar
  9. parabéns a toda a familia, pero sobre todo ao rapaz: dá gusto ver como vai medrando

    ResponderEliminar
  10. Qué curriño está o Leo, dálle un xeito ao baile!

    ResponderEliminar
  11. Que riquinho :)
    (por certo, já fixem o meme das excentricidades).

    ResponderEliminar
  12. Espectacular o baile do Leo! O máis divertido e fermoso que se ten visto no blogomillo en moito tempo.

    ResponderEliminar
  13. vaia motaaazooo tiooo.

    ...haberá que ter coidado ao cruzar os pasos de peóns (hehehe)

    Saudiños.

    ResponderEliminar
  14. Miña nai, que grande está xa...E guapo, moi guapo. Por certo, bonitas palabras deixaches na miña casa co tema da miña amiga. Moitas grazas.
    Bikos aos catro!!

    ResponderEliminar
  15. O break dance pegalle ben, pero na foto coa moto, está que parece un Rossi, ten cuidado si che sae motero.

    A verdaade, e cho digo por experiencia, que están na edade que máis se pode disfrutar deles, aprovitao que o tempo pasa voando.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  16. Xa baila mellor ca min e todo!! ;) por certo, dentro de pouco, vas ter que cambiarlle a moto de xoguete por unha de verdadde como sega a crecer tan depresa!

    ResponderEliminar
  17. Boenooo, e agora xa anda motorizado...Non estaría coa sua montura por Cheste esta fin de semana ou?

    ResponderEliminar
  18. !Mira quien baila!
    Puntuación, un 10

    ResponderEliminar
  19. Está feito un bailarín. Non me estraña que teña tanto éxito.

    ResponderEliminar

És humano ti ?