
Hoxe o naipelo cumpriu os vintecinco meses. Empeza a correr cando lle apetece e a facer o que quere. Encántalle o colo e ir ao parque a botarse polo " tabán " de cu. Tamén é un exquisito coa comida e encántalle a sopa e as lambonadas: " tata ", " tetas " ( galletas ) e " sixo " ( galletas con forma de Simpsons ). Fala todo o tempo cousas que non se entenden intercaladas con palabras coñecidas e tamén lle gusta cantar ao seu xeito. Quere mirar o DVD de Miliki e di " ovos " para la Gallina Turuleca e " Ola Pípol. Ola Cosé " para " Hola Don Pepito. Hola Don José ". Repite todo coma un loro e agora encántalle a gardería. Di a educadora que baila e fai rir aos compañeiros e que temos que mandalo á televisión. Non sei se será para tanto pero deixo aquí un vídeo del bailando para que opines.
Creo que hai algún programa na tv de baile, asi que podes aproveitar porque o chaval amosa maneiras.
ResponderEliminarE grazas porque agora xa creo nos puticlubs abandonados.
hahaha qué rico! o final mareouse non?
ResponderEliminarEste rapaz retíravos!! :DDDDD
non o mandedes á televisión, que os tesouros compartidos son menos tesouros
ResponderEliminarEstá moi simpático, non me estraña que os compañeiros rían con el. Ten un carácter sumamente agradable. Tamén os pais.
ResponderEliminarVai ter moita sorte cando poida ler a súa biografía aquí no blog. É un agasallo impagable que ti lle vas elaborando no decorrer dos días.
Unha aperta.
fantástico. mesmo engrazado! nom o levedes a tele...mira como acabam todos da cabeza...
ResponderEliminarbeijos
Vai para rapeiro ! ;-)
ResponderEliminarDalle moitos bicos que está para comelo :-))
Este rapaz está feito un artistazo, e en movemento é moito máis guapo.
ResponderEliminarApertas a ámbolos dous.
ooooohhhh, aquí hai carne de folclórico! :D
ResponderEliminarTodo un Travolta, je je.
ResponderEliminarparabéns a toda a familia, pero sobre todo ao rapaz: dá gusto ver como vai medrando
ResponderEliminarQué curriño está o Leo, dálle un xeito ao baile!
ResponderEliminarQue riquinho :)
ResponderEliminar(por certo, já fixem o meme das excentricidades).
Espectacular o baile do Leo! O máis divertido e fermoso que se ten visto no blogomillo en moito tempo.
ResponderEliminarvaia motaaazooo tiooo.
ResponderEliminar...haberá que ter coidado ao cruzar os pasos de peóns (hehehe)
Saudiños.
Miña nai, que grande está xa...E guapo, moi guapo. Por certo, bonitas palabras deixaches na miña casa co tema da miña amiga. Moitas grazas.
ResponderEliminarBikos aos catro!!
O break dance pegalle ben, pero na foto coa moto, está que parece un Rossi, ten cuidado si che sae motero.
ResponderEliminarA verdaade, e cho digo por experiencia, que están na edade que máis se pode disfrutar deles, aprovitao que o tempo pasa voando.
Un saúdo.
pero que riquiño!!!
ResponderEliminarXa baila mellor ca min e todo!! ;) por certo, dentro de pouco, vas ter que cambiarlle a moto de xoguete por unha de verdadde como sega a crecer tan depresa!
ResponderEliminarBoenooo, e agora xa anda motorizado...Non estaría coa sua montura por Cheste esta fin de semana ou?
ResponderEliminar!Mira quien baila!
ResponderEliminarPuntuación, un 10
Está feito un bailarín. Non me estraña que teña tanto éxito.
ResponderEliminar