Páxinas

venres, 21 de novembro de 2008

Miquimáus



Estes días non atendín o blogo e o blogomillo como teño acostumado. O Leo non estivo mui católico de saúde e quería estar aghalimadiño todo o tempo. Iso si, o outro día tivo un detalle simpático dos del. Preguntoume o que tiña eu na camisola e díxenlle: " Nunca máis ". El repitiuno ao seu xeito e dixo: " Miqui máus ".

6 comentarios:

  1. Non mirara ese modelo de camiseta, eche ben chula. Boa saída a de Leo, máis vale que vexa moitos miquimaus, e non desgracias como aquela.

    Un saúdo, que se millore.

    ResponderEliminar
  2. Que mellore o rapaz.

    Unha aperta.

    Antón.

    ResponderEliminar
  3. !Xenial! que se mellore.
    Un abrazo par todos.

    ResponderEliminar
  4. jajajajajaja. eu hoxe fun tocar e cantar (con traxe tradicional) para uns nenos de infantil e despois da actuación achégaseme unha nena e dime: ¿ya te quitaste el disfraz? Prefiro a saída do Leíño, por suposto.

    ResponderEliminar
  5. Este pequeno fai unhas traduccións...;-) ;-)
    Algo de razón tiña, ambos (letreiro e rato) son mouros, así que semellanzas non faltan :-)

    Apertas

    ResponderEliminar
  6. En realidade o Leo non fixo máis que unha adaptación infantil da frase. Este vaiche para guionista!!!

    ResponderEliminar

És humano ti ?