Páxinas

mércores, 5 de novembro de 2008

Primeiro vistazo



Hoxe puiden ver o irmán ou irmá de Leo por primeira vez nunha ecografía. Pensei que ía levalo con máis tranquilidade porque non era a primeira vez que vía unha ecografía pero emocionoume igual cas outras veces. A criatura é mui pequena ( imaxina: o fémur mide dous centímetros de longo ) pero estaba chea de vida e ata intentaba tapar cunha man a luz que lle chegaba dende a cámara. É unha sensación indefinible poder ver o corazón, os pés, as mans e a cara dun ser case imperceptible para min ata hoxe. Foi mágoa que xuntase tanto as perniñas que non houbo xeito de mirarlle se é neno ou nena. Supoño que quedará para a seguinte ecografía que xa me tarda.

A foto é dende o hospital cando naceu o Leo hai máis de dous anos.

31 comentarios:

  1. Non sei como debe de ser ese momento... supoño que non é o mesmo vivilo cando che ven un irmá, ou si?? pero a ilusion é o mellor!

    ResponderEliminar
  2. A vida dun fillo sempre emociona.
    Cando é tan pequeno, moito máis.

    Unha aperta.

    Antón.

    ResponderEliminar
  3. Que ben, que ben! Un máis na familia! O Leo aledarase moito de ter un/unha compañeiro/a de xogos e, porque non dicilo, de trasnadas.

    Apertas e que todo vaia ben, pai.

    ResponderEliminar
  4. Supoño que debe ser moi emocionante. A desfrutalo e que vaia todo ben.

    ResponderEliminar
  5. Eu sei o que é iso, e a curiosidade do saber o sexo tamén, desta segunda volta levara unha alegría tremenda o saber que era unha nena. Supoño que tí tamén o preferiras.

    E xa sabes, vas ter que facer outro blog, como diario dese pequen@, o título, xa sabes, Paide...

    ResponderEliminar
  6. Pois si, emociona cada vez que acontece porque é un miragre de cada vez.

    ResponderEliminar
  7. Moitísimos para os pais do Leo, e para el tamén, que xa lle vén compañía.
    Que marabilla, esta semana todo son boas novas!

    ResponderEliminar
  8. parabéns: a mellor noticia para unha familia é que vaia aumentar. moita sorte.

    ResponderEliminar
  9. Espero que poidades vir este fin de semana pola casa. Levo uns días intentando falar con Ana, q hai outra reunión de Tadega. Si non consigo falar con vos dille que me chame. Pensei que iades o médico mais tarde... que pena que non se sepa ainda se é neno ou nena!!!... As nenas ó poder!!!
    crispress

    ResponderEliminar
  10. Pois nada home; a seguir procreando a ver se levantamos o índice demográfico do País que vai de capa caída.

    Saudiños.

    ResponderEliminar
  11. Nosotros estamos impacientes por ver la de Cris
    Un abrazo para todos

    ResponderEliminar
  12. Es un momento magico,yo nunca tuve a suerte que mi marido estuvera comigo.Mejor dicho,el nunca pudo disfrutarde esos momentos.
    Bicos

    ResponderEliminar
  13. Eu nunca esquecerei o primeiro vistazo. Emocioneime un chisquiño - non moito que son un machote-, pero conservo a sensación de que foi un dos mellores momentos da miña vida, ese de ver nunha pantalla a un retaco do tamaño dun feixó, dun chícharo non maís.

    ResponderEliminar
  14. Moitos parabéns!!! As aventuras de nen@s neste blogue non van ter fin nunca!!!

    ResponderEliminar
  15. Qué emoción! Parabéns e que todo sala ben.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  16. Segue a marabillarme que a ciencia e a tecnoloxía avancen tanto como para permitir eses momentos.

    ResponderEliminar
  17. A espera debe facerse interminable...

    ResponderEliminar
  18. ten que ser moi emocionante mirar a primeira "foto" dun fillo/a!!!

    ResponderEliminar
  19. a primeira vez colhe de surpresa e a segunda também porque és mais consciente do que está ai na foto... sorte para a seguinte eco!
    beijos

    ResponderEliminar
  20. e logo, pai, terá que facerlle un blog ó novo elemento tamén, non? ;)

    ResponderEliminar
  21. Minha netinha, sempre está de perninhas cruzadas, e só na eco formológica dos seis meses, conseguimos saber que era menina, mas já estavamos há espera disso, porque a minha médica, nos tinha dito que normalmente as meninas é que cruzam as pernas...
    Mas na verdade o que importa é que sejam perfeitos, e saudáveis, não é verdade? E o Leo? Está entusiasmado? O que ele gostaria mais, um mano ou mana?
    Um abraço e votos de bom fim de semana

    ResponderEliminar
  22. É un tempo especialo da espera-esperanza. Seguro que che ha gustar completar a parella e que agardas a que sexa nena. Ou non?
    En calquera caso, moita sorte. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  23. Enténdote moi ben, é realmente emocionante ver ese ser pequeniño coas súas manciñas e dediños, todo feitiño pero en miniatura, eu quedei pasmada mirando a pantalla.
    Parabéns pola vosa nova paternidade.
    A miña familia tamén vai aumentar, xa contarei...
    Bicos.

    ResponderEliminar
  24. Es todo un padrazo, paideleo. Mágoa que non colgases a ecografía, para podermos investigar sobre o sexo dos anxos, abofé.

    ResponderEliminar
  25. xa está a túa cabaza no proxecto semanal :)

    ResponderEliminar
  26. Si oooohhh..
    Dende logo, como di un bo amigo meu, Os nenos de pequenos estan para comerselos, e de maiores, un se lamenta por no terlo feito cando puido...
    En serio, ....As sensacions son inenarrables e unicas, mágoa que dura tan pouco, e dan tantos quebraderos de cabeza..
    Noraboa para os catro

    ResponderEliminar
  27. Non se acostuma un a esas cousas, pola contra cada vez temos maior sensibilidade a eses sentimentos.
    Disfrutádeo moito:-)) Algo desa emoción sempre nos chega a nós ;-)

    Apertas

    ResponderEliminar
  28. Beizóns !!

    poucas ledicias maiores pode haber non?

    Saúdos!

    ResponderEliminar
  29. Noraboa paideles. Agora entendo o título do blog. Era un presaxio :-)

    ResponderEliminar
  30. E logo vas abrir outro blog que se chame opaidanovacriatura? ou vaslle cambiar o nome a este?
    noraboa!

    ResponderEliminar

És humano ti ?