
Hoxe puiden ver o irmán ou irmá de Leo por primeira vez nunha ecografía. Pensei que ía levalo con máis tranquilidade porque non era a primeira vez que vía unha ecografía pero emocionoume igual cas outras veces. A criatura é mui pequena ( imaxina: o fémur mide dous centímetros de longo ) pero estaba chea de vida e ata intentaba tapar cunha man a luz que lle chegaba dende a cámara. É unha sensación indefinible poder ver o corazón, os pés, as mans e a cara dun ser case imperceptible para min ata hoxe. Foi mágoa que xuntase tanto as perniñas que non houbo xeito de mirarlle se é neno ou nena. Supoño que quedará para a seguinte ecografía que xa me tarda.
A foto é dende o hospital cando naceu o Leo hai máis de dous anos.
Non sei como debe de ser ese momento... supoño que non é o mesmo vivilo cando che ven un irmá, ou si?? pero a ilusion é o mellor!
ResponderEliminarA vida dun fillo sempre emociona.
ResponderEliminarCando é tan pequeno, moito máis.
Unha aperta.
Antón.
Que ben, que ben! Un máis na familia! O Leo aledarase moito de ter un/unha compañeiro/a de xogos e, porque non dicilo, de trasnadas.
ResponderEliminarApertas e que todo vaia ben, pai.
Supoño que debe ser moi emocionante. A desfrutalo e que vaia todo ben.
ResponderEliminarEu sei o que é iso, e a curiosidade do saber o sexo tamén, desta segunda volta levara unha alegría tremenda o saber que era unha nena. Supoño que tí tamén o preferiras.
ResponderEliminarE xa sabes, vas ter que facer outro blog, como diario dese pequen@, o título, xa sabes, Paide...
Pois si, emociona cada vez que acontece porque é un miragre de cada vez.
ResponderEliminarMoitísimos para os pais do Leo, e para el tamén, que xa lle vén compañía.
ResponderEliminarQue marabilla, esta semana todo son boas novas!
parabéns: a mellor noticia para unha familia é que vaia aumentar. moita sorte.
ResponderEliminarEspero que poidades vir este fin de semana pola casa. Levo uns días intentando falar con Ana, q hai outra reunión de Tadega. Si non consigo falar con vos dille que me chame. Pensei que iades o médico mais tarde... que pena que non se sepa ainda se é neno ou nena!!!... As nenas ó poder!!!
ResponderEliminarcrispress
Pois nada home; a seguir procreando a ver se levantamos o índice demográfico do País que vai de capa caída.
ResponderEliminarSaudiños.
Nosotros estamos impacientes por ver la de Cris
ResponderEliminarUn abrazo para todos
Es un momento magico,yo nunca tuve a suerte que mi marido estuvera comigo.Mejor dicho,el nunca pudo disfrutarde esos momentos.
ResponderEliminarBicos
Eu nunca esquecerei o primeiro vistazo. Emocioneime un chisquiño - non moito que son un machote-, pero conservo a sensación de que foi un dos mellores momentos da miña vida, ese de ver nunha pantalla a un retaco do tamaño dun feixó, dun chícharo non maís.
ResponderEliminarMoitos parabéns!!! As aventuras de nen@s neste blogue non van ter fin nunca!!!
ResponderEliminarQué emoción! Parabéns e que todo sala ben.
ResponderEliminarUnha aperta
Segue a marabillarme que a ciencia e a tecnoloxía avancen tanto como para permitir eses momentos.
ResponderEliminarA espera debe facerse interminable...
ResponderEliminarten que ser moi emocionante mirar a primeira "foto" dun fillo/a!!!
ResponderEliminara primeira vez colhe de surpresa e a segunda também porque és mais consciente do que está ai na foto... sorte para a seguinte eco!
ResponderEliminarbeijos
e logo, pai, terá que facerlle un blog ó novo elemento tamén, non? ;)
ResponderEliminarMinha netinha, sempre está de perninhas cruzadas, e só na eco formológica dos seis meses, conseguimos saber que era menina, mas já estavamos há espera disso, porque a minha médica, nos tinha dito que normalmente as meninas é que cruzam as pernas...
ResponderEliminarMas na verdade o que importa é que sejam perfeitos, e saudáveis, não é verdade? E o Leo? Está entusiasmado? O que ele gostaria mais, um mano ou mana?
Um abraço e votos de bom fim de semana
É un tempo especialo da espera-esperanza. Seguro que che ha gustar completar a parella e que agardas a que sexa nena. Ou non?
ResponderEliminarEn calquera caso, moita sorte. Unha aperta.
Enténdote moi ben, é realmente emocionante ver ese ser pequeniño coas súas manciñas e dediños, todo feitiño pero en miniatura, eu quedei pasmada mirando a pantalla.
ResponderEliminarParabéns pola vosa nova paternidade.
A miña familia tamén vai aumentar, xa contarei...
Bicos.
Es todo un padrazo, paideleo. Mágoa que non colgases a ecografía, para podermos investigar sobre o sexo dos anxos, abofé.
ResponderEliminarxa está a túa cabaza no proxecto semanal :)
ResponderEliminarDebe ser emocionante.
ResponderEliminarSi oooohhh..
ResponderEliminarDende logo, como di un bo amigo meu, Os nenos de pequenos estan para comerselos, e de maiores, un se lamenta por no terlo feito cando puido...
En serio, ....As sensacions son inenarrables e unicas, mágoa que dura tan pouco, e dan tantos quebraderos de cabeza..
Noraboa para os catro
Non se acostuma un a esas cousas, pola contra cada vez temos maior sensibilidade a eses sentimentos.
ResponderEliminarDisfrutádeo moito:-)) Algo desa emoción sempre nos chega a nós ;-)
Apertas
Beizóns !!
ResponderEliminarpoucas ledicias maiores pode haber non?
Saúdos!
Noraboa paideles. Agora entendo o título do blog. Era un presaxio :-)
ResponderEliminarE logo vas abrir outro blog que se chame opaidanovacriatura? ou vaslle cambiar o nome a este?
ResponderEliminarnoraboa!