
O día do magosto fixen a foto esta onde Leo " chocaba " contra unha árbore e se mira un canastro no fundo. Ese canastro fíxome lembrar a R. Fogheiras porque pasou noites durmindo nel cando o botaran da casa. O Fogheiras non era mal rapaz. Tiña un aire de gnomo ou trasno porque era pequeno, con pencas e cando sorría rasgaba os ollos e ata semellaba que se lle afiaban as orellas. Era puro nervio e un tolo polo lume e de pequeno facía fogueiras con todo e a todas horas e de aí lle quedou a alcumada. El deume a coñecer o grupo asturiano de agrorock Los Berrones e comigo sempre se portou ben. Coñeceu a droga, afundiuse nela e chegoulle o final unha vez que abusou dela.
Deixo este posteo en lembranza del neste día de nortada fría.
Por esa costa Leo necesita que alguén lle arranxe os freos.
ResponderEliminar¿Que tal Ana? Un biquiño da nosa parte para ela.
É curioso que tan en silencio matamos aos que se foron así. Cousas da condición humana. Saúdos para toda a familia.
ResponderEliminarQue forma tan bonita e literaria de lembrar a alguén... Saúdos dende Andalucía.
ResponderEliminarunha magoa, por desgracía coñezo am oita xente que rematou dese xeito. Saúdos e apertas meu :) Grazas polas tuas visita
ResponderEliminarCántos quedaron polo camiño!!
ResponderEliminarUn bico *
Xa vexo que o Leo manexa o cochiño con certo arte. Para a próxima xuntanza en Agolada xa turra él de seu pai e de sua nai polo sobreiral arriba!!!
ResponderEliminarGustoume moito a forma en que escribiche esta historia do Fogheiras.
ResponderEliminarBicos para ti e os teus.
Tenra lembranza, todos coñecemos algún caso de xente que se quedou polo camiño.
ResponderEliminarSimpáticos e festeiros Os Berrones: fun a algúns concertos seus nos 90. Non sei que será deles aagora.
Apertas.
Pois é unha pena, foron moitos os que caíron dese xeito.
ResponderEliminarPolo demáis, esa foto é no monte da Risca? eu estiven un par de veces alí e non teño ningún recordo de un canastro. Uff, que mal, xa non me lembro.
Un saúdo.
As tardes frías do outono son especiais para lembrar tempos pasados.
ResponderEliminarCando lembras a alguén que xa non está podes facer que, dalgún xeito, estea preto do teu corazón.
Unha aperta.
Antón.
Houbo xeracións nas que as drogas fixeron estragos, por sorte non foi a miña, aínda que tamén tivemos algún funeral.
ResponderEliminarLos Berrones viñeron unha vez pola miña terra, xa fai anos, non recordo, sei que non os coñecíamos e só tatareábamos o Nun lles ti ...
Teño os autógrafos, jeje.
berrones! mi madrinha! vou ver se ainda posso resgatar algo da caixa do trasteiro...
ResponderEliminar