Páxinas

xoves, 27 de novembro de 2008

Vinteseis meses



Hoxe o Leo fixo os seus vinteseis meses de vida. Está nunha etapa de afirmación da personalidade negando case todo. Esperemos que non dure demasiado esta etapa. Aparte a semana pasada tivo unha otite e estaba mimento de máis e co " non " preparado para todo: a comida, a tele, os contos, os sitios, etc. Agora parece que recuperou o apetito e a alegría para xogar e estar coa xente. Do resto non hai grandes cambios e avanza lentamente no seu desenrolo.

14 comentarios:

  1. Esta todo chulo facendo practícalas co cochecito

    ResponderEliminar
  2. Carallo! este luns o meu Manuel tamén amenceu con otite...

    Cando saberedes o sexo doutro filliño/a? ;-)

    Unha aperta.

    Antón.

    ResponderEliminar
  3. Está en plena "crise dos dous anos", se queres, pásoche recursos para que todos a levedes mellor, porque aínda dura hahahaha

    biquiñosss

    ResponderEliminar
  4. Efectivamente vexo que o andades entrenando para que despois carrexe á sua irmá (eu teño o pálpito de que será unha Leiña...)

    ResponderEliminar
  5. agardo que todo sigac ben. e sobre todo que teña moito espazo para fedellar...por que a miña compañeira lle gustara tan pouco o campo? Saúdos e apertas :)N

    ResponderEliminar
  6. A min esa etapa ainda me dura :)

    A que idade se pasa de contar en meses a contar en anos? Cada vez que oio unha idade en meses tenho que porme a contar cos dedos.

    ResponderEliminar
  7. qué bonito está, e en qué paraxe máis femoso e outonal

    bicos

    ResponderEliminar
  8. Polo que dis avanza sen presa pero sen pausa, que é o mellor xeito para avanzar, O da otite é moi doloroso, pásano moi mal, alégrome que estea mellor.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  9. si, confiemos en que a autoafirmación non lle dure de máis, porque xa logo lle entra na adolescencia e daquela... mi má!
    (era broma, non se crispe :-)

    ResponderEliminar
  10. Que mal o pasamos cando sufren, e non sabes que facerlle. Menos mal que son fortes e van saíndo pa diante. A disfrutar dos momentos bos.
    Terei que voltar un día de estes o monte da Risca, porque xa non me lembro do canastro ese. Será a idade?

    ResponderEliminar
  11. ¡Compañeiro!..como medra ese neno.

    ResponderEliminar
  12. que ben lle presta o outono ao naipelo. están os dous guapos, guapos. e paciencia, que a estas idades están buscando o seu lugar no mundo. a sabela se se lle nega algo que pide empeza a choromicar un chisco, tamén anda co mmmmmío, que non hai quen a pare, pero non nos queda outra que intentar educar e poñer as cousas no seu sitio porque se non temos coidado poden medrar como pequenos tiráns, e non hai nada menos desexable e perxudicial para os seus desenvolvementos.
    pero iso, etapas que temos que pasar xuntos para velos medrar e que nos sintan moi perto.
    apertas!!!

    ResponderEliminar
  13. Na foto semella feliz, vese que xa lle pasou a otite que tanta dor causa.
    Unha aperta para todos. Andei menos por aquí ultimente pois motivos familiares restáronme ganas e tempo.

    ResponderEliminar
  14. A etapa do "non" pasa, non te preocupes. Ao noso pequerrecho cando estaba nesa fase preguntábaslle algo e respondía: sss... non, non, non. Era moi simpático.

    ResponderEliminar

És humano ti ?