Páxinas

domingo, 28 de decembro de 2008

Vintesete meses ( e un día )



Os días de festa pasan lixeiros e enleados entre visitas, paseos e comidas. O Leíño chegou aos seus vintesete meses e non tiven tempo onte para escribir no blogo. El segue avanzando pese ao pouco que come. Da teta case non se lembra pero está feito un adicto aos postres e o chocolate. Gústanlle os contos repetidos ata o infinito como o de Pinocho e Peter Pan. Gústalle xogar coa granxa dos Lunnis e ir á mesa co neno Xesús, a vaca, o burro e a galiña e pide que lle cantemos as cancións de Miliki: Había una vez un circo " Había sírcolo ", Susanita " Ratón titín ", La Gallina turuleca " Ghaliña teca e ovos ". Sabe que mamá ten unha nena na barriga ( ao primeiro localizábaa polas tetas ) e sabe como se chama porque lle demos a escoller entre os nomes de Sabela e Xiana e dixo: Xiana.

34 comentarios:

  1. Que siga cumplindo meses, que logo tocaralle anos e iso xa pesa máis. O de ata o infinito, sein ben o que é, pero faise sen problemas.

    "Xiana", soa moi ben, moi noso. Agora vai pensando nome para o seu blog.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. si que está un mozo o leo! da comida non se preocupen, aínda que níngún pai no mundo o crea medrar medran igual (tamén vexo que andan no hitparade dos éxitos de sempre coa gallina turuleta a susanita).
    canto ao nome da nena, non está nada mal.

    ResponderEliminar
  3. Como pasa o tempo,verdad?
    DE repentan xa son unhos hombrecitos.
    Esta fermoso!

    E non te preocupes, xa lle gustaran de novo as tetas,jejeje

    Por certo,o nome de Xiana gustame moito.


    DESEOS FELICES FESTAS E BON ANO NOVO

    ResponderEliminar
  4. Poius meu...visto o visto, desexovos que a ledicia estea sempre convosco, no somenstes o ano que ven...se non sempre. Bo ano

    ResponderEliminar
  5. Un nome ben bonito o elexido!!!.
    E penso coma Ana cando comenta que non te preocupes, que xa lle volverán gustar de novo as tetas! jajajaja

    Feliz Ano Impar!!!!

    ResponderEliminar
  6. Felicidades por eses 27 meses tan ben cumpridos. Con tanta canción que lle aprendedes fai unha boa aprendizaxe para cantador. E ademais axudouvos na disxuntiva co ome da irmá. Sabia elección. De elixir o outro tamén acertaría.
    Moitas apertas.

    ResponderEliminar
  7. Xa sabía eu que o Leo había ter bo gusto (igual nos pasou a nós con Xesús). Creo que é precioso. Parabéns.
    Que facedes no fin de ano?

    ResponderEliminar
  8. Xiana é un nome bem bonito! Noraboa pola elección do Leíño :)


    Fíxome gracia o das pupieriñas porque na procura de información en San Gugel atopei moitas referencias o teu blogue :DDDDD

    Un bico e feliz aninovo :)

    ResponderEliminar
  9. Por dios, que cariña de truhán ten. ains :D


    Feliz 2009 para toda a túa family tamén.

    ResponderEliminar
  10. PEro que crecido está!!! esa foto lémbrame a unha que teño do meu irmán xusto antes de facer unha das suas...

    Feliz 2009!!! ;)

    ResponderEliminar
  11. Este Leo e patrimonio do blogomillo.Feliz ano e feliz xiana pai.Apertas

    ResponderEliminar
  12. Feliz aninovo e feliz crecemento.

    ResponderEliminar
  13. Menudo mangallón está feito.
    Empezade o ano con bo pe, que pinta cheo de ledicias para vos.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  14. Ese Leíño ten cara de pillabán, o dos contos repetidos ata o infinito, seino ben e as películas, etc... nos sei porque lles gusta tanto aos nenos ver e escoitar mil veces as cousas.
    Gústame o nome de Xiana.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  15. Qué fermoso está o Leo, fáiseme raro ter visto a súa evolución, agora xa é todo un homiño.

    Estes días ando sen tempo para ler os blogues amigos, pero entro un anaquiño para polo menos desexarche que entres con bo pé no novo ano.

    Felices festas.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  16. xenial!jjje, encantame xiana.

    felis anonove!

    e o das tetas dijo o mesmo que o chousa! xa lle justaran, jejje!

    ResponderEliminar
  17. Feliz ano, que xa ves que ven cunha nova ilusión.
    Que o pases ben esta noite, tanto sexa en Porriño, como en Arbo ou onde sexa.

    ResponderEliminar
  18. Bonito o nome. Así que este será tamén un ano especial, o ano da Xiana.
    Feliz ano!

    ResponderEliminar
  19. Feliciano tamén para vós... Que o 2009 veña cheo de risos co Leo e coa Xiana!!!
    Bkñs

    ResponderEliminar
  20. Que o ano venha cheio de cousas boas!

    ResponderEliminar
  21. Hola"!!! Feliz aninovo, ogallá sexa tan probeitoso como este que marcha ou mellor aínda.
    Unha aperta para vós e para o Leíño

    ResponderEliminar
  22. Feliz ano Paideleo e familia. Unha aperta

    ResponderEliminar
  23. Pasa boa noite ti tamén en familia, Rei de Grania.
    Bicos para os tres.

    ResponderEliminar
  24. así que xiana.... :)
    léote e estou vendo o mesmiño ou case o mesmo que fai sabela.
    gozade da maxia do neno, porque esa si que é única.
    feliz ano novo

    ResponderEliminar
  25. feiz ano novo para todos (serao sen dúbida, con esa nena en camiño)

    ResponderEliminar
  26. Vaia por deus!!! eu ainda lembro cando soubemos que era el quen estaba na barriga. Benvida a Xiana e noraboa a estes pais que agardan por ela. Vai ser unha nena fermosa como o irmán e sobre todo unha nena moi afortunada cunha familia coma esta. Apertísimas dende esta beira, Paideleo!!!

    ResponderEliminar
  27. Bom este teu espaco, aqui. U belo 2009!!!
    Ricardo

    ResponderEliminar
  28. Mira que bo axudante ides ter para coidar de Xiana! :-))
    Que teñades un moi bo 2009 todos !
    Non cabe dúbida que será un ano moi importante para a vosa familia :-))

    Biquiños

    ResponderEliminar
  29. que teñas un bo 2009

    ResponderEliminar
  30. Parabens o Leo por eses vintesete meses e feliz 2009 para todos vos.

    ResponderEliminar
  31. Feliz 2009 para Leo e os seus. Xa agardamos para ler Xianaeosseus. Moita saúde para todos.

    ResponderEliminar
  32. bon ano, que non te desexara..para ti, Leo, a tua muller e a nena que ven...e todos os teus..saúde e sorte!
    ;)
    bicos

    ResponderEliminar
  33. Depois de uns dias de ausência, (desta vez foi o pc que foi para o hospital) estou de regresso.
    Agradeço-lhe e retribuo os votos de bom 2009.
    Um abraço e bom fim de semana


    E o Leo cada dia mais bonito, e mais homenzinho.
    E com a mana tudo bem?
    Um abraço

    ResponderEliminar

És humano ti ?