Páxinas

domingo, 18 de xaneiro de 2009

San Antonio de xaneiro


A avoaM dixo onte: " Por San Antonio de xaneiro se chove pon a pipa no fumeiro e se non chove pon a pipa no canteiro " que vén a dicir que se chove non vai haber viño ese ano porque o fumeiro é para secar a pipa e se non chove ese día vai haber viño e vaise precisar o canteiro que é a base onde se coloca a pipa.
Na foto non se apreciaba chuvia. A ver se ten razón o refraneiro.

7 comentarios:

  1. Pois arestora ainda non cae gota en Ourense. En ribadavia esta tarde chuviscaba un pouco, a ver se aguanta :)

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Me parece que non va haber vino por aquí,jeje

    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Tiven un tio taberneiro, dos que carretaba o viño en pelexos ás casas, e sempre dicía: nunca hai ano sin viño.

    En todo caso, será mellor colleita entón.

    ResponderEliminar
  4. ve-se que na corunha nom somos zona de vinho que anda a orbalhar...
    beijos

    ResponderEliminar
  5. Que chova, que deixe de chover.. viño ha de haber.
    Teño oído de anos de seca de auga pero que faltase o viño, nunca. Quizais os anos que hai menos colleita estea máis caro pero nunca falta.
    O que si é certo é que neva. E xa sabes o dos bens que soe traer. Tamén o viño.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  6. a min con que faga sombra a viña...vou contento. Saúdos e apertas

    ResponderEliminar

És humano ti ?