Páxinas

luns, 16 de febreiro de 2009

Conservando


A foto esta ten uns aniños e foi feita por unha estranxeira en Arbo. Gústame polo enfoque que ten e o colorido ( gaña se a amplías clicando nela ) e serve de testemuña do cambio dos tempos porque esta viña hoxe non existe e o feixe de veigas adicadas a millo coas súas medas agora están adicadas a viño.
Eu creo que un blogo é unha ferramenta ideal para conservar fotos e textos en forma de diario que co tempo gañan valor.
E por iso hoxe quero conservar as anécdotas do Leo " bautizando " pedriñas no xardín da avoaM, o riso que botamos cando queriamos gravalo cantando " Cumpleaños feliz " ao avóM e soltou a canción de " Caracol, col, col ", a ledicia que levou probando o disfraz de indio cos curmáns e o falar " extraterrestre " cando colle o teléfono.

8 comentarios:

  1. Todo ten un principio e un final...Non hai dubida, o que pasa é que nos aferramos as cousas e non queremos que estas rematen...nin sequera aunque estemos cheos de merda

    ResponderEliminar
  2. Un blog pode ser unha boa testemuña :-)

    Unha aperta.

    Antón.

    ResponderEliminar
  3. Este post e o anterior son do máis fermoso que che teño lido. Preciosos!

    ResponderEliminar
  4. hahaha asi que fala extraterrestre? Nos meus tempos aprendíamos inglés :D

    Un biquiño

    ResponderEliminar
  5. Tens toda a razón,amplíando a foto se ve moito mellor os contrastes de colores.Es preciosa!Bicos

    ResponderEliminar
  6. E unha boa soporte si señor, o leiño vaiche adiantada. xa aprende o idioma do futuro, no futuro o idioma interestelar vai ser o estraterreste.hehehehe. Eu criei un caderno para algo parecido, rescatar a memoria do meu pobo , hoxe afundida en sabe deus onde....agardo poder poñerme máns a elo dentro de pouco. Saúdos e apertas

    ResponderEliminar
  7. Tes toda a razon do mundo. E un xeito de ir dia a dia deixando testemuña daquelas cousas pequenas e grandes, que importan e que che arrancan un sorriso, e de recordar un momento, de revivilo, un pequeno diario no que en cada entrada deixas un pouquiño de ilusion para compartir.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  8. peke ten razón, tes un puntiño moi expecial de persoa moi sensible.

    ResponderEliminar

És humano ti ?