
Na foto saen barcas do río Miño na beira portuguesa un día tranquilo de verán.
Estes días de temporal dan muito para falar do tempo e así conta historias un compañeiro de cando ía ao río sendo novo. Fala de pescar taíñas ( como lle chama ás carpas ) ou lampreas e remata relatando historias de naufraxios e desaparecidos no río e como aínda non se recuperou o corpo dun sobriño que leva máis de dous anos desaparecido. Cando finaliza o seu relato hai un silencio espeso e incómodo no que todos tratamos de imaxinar o que pode pasar pola mente da familia. O silencio queda roto cando outro compañeiro finaliza a conversa cun: " O río ten pelos ", frase curta e rotunda para dicir que o río sabe dos seus desaparecidos.
Son moi boas estas historias curtas con frase rotunda. Estás creando un xénero blogueiro. Un saúdo.
ResponderEliminarele saberá onde os leva...
ResponderEliminarbeijos
Eu veño do mar, ¿sabes?, son o home de auga...o mar chama por mi, e de cando en vez preciso achegarme e sentir o marmullo das ondas, o salgado das mareas, pisar os graos de area baixo os mesus pés, e deixar unhas pegadas indelebles, que ninguen a de ver xamais....tanto como o meu recordo do paso por aqui...
ResponderEliminarPor eso son como o home de auga, o meu libro de poemas de agora mesmo.....
O mar é iso, pelos no rio, como falan os veciños do outro lado....
En Antas o Ulla é moi meniño e non pasa de ter provocado algunhas molladuras a un que outro; ainda que nas tostas dos muiños xa houbo quen levou os seus apuros.
ResponderEliminarO rio e o mar, cantas historias sen contar enguliron...
ResponderEliminarEn Zamora houbo un barqueiro famoso pola súa habilidade para atopar afogados no Douro. O home xa morreu, así que imaxino que agora irá o río cheo de cadáveres, mentres as multitudes van en chándal polo paseo fluvial.
ResponderEliminarAdorei a foto, e a história é muito interessante.
ResponderEliminarUm abraço
vaia frase, fría, dura e cortante coma un cristal
ResponderEliminar