
Hoxe pola mañá traballei como de costume. No momento do taco estabamos a falar e eu ía falar e estaba comendo e houben de afogar que foi a comida polo lado que non é. Eu sempre dixen nese caso que vai " pola gorxa pequena " e teño oído " pola gorxa do aire ". O que nunca oín foi o de ir " polo camiño vello " como dixo un home de Tui.
Saúde. Eu adoito dicir "entrou polo camiño malo". Bastante parecido.
ResponderEliminara miña avoa dicía "entrou pola gorxa do aire", non escoitara as outras dúas.
ResponderEliminarsaúdiños
nós dizemos pela gorxa pequena mas nem imagino por que se diz pelo caminho velho... será que antestambém podiamos comer pelo outro caminho?
ResponderEliminarbeijos
Nós dicimos "pola gorxa pequena", non sabía das outras.
ResponderEliminarEu sempre dixen pola gorxa pequena, o polo outro buraco, pero nunca escoitara polo camiño vello...interesante :)Saúdos e apertas
ResponderEliminaréche a riqueza da lingua, pai. :)
ResponderEliminarBicos.
Así que en EEUU vendían os chicharróns/roxóns envasados, vaia!
ResponderEliminarEu non estiven nunca nos USA pero como tí sí, vouche pedir que me aclares unha cousa.
A moza dun amigo meu foi alá, penso que a Florida, e dixo que nos supermercados en xeral non había iogures, que costoulle moito atopar un sitio onde mercalos ¿? disque había góndolas enteiras de bacon de diferentes tipos, pero iogures nada.
¿ Qué credibilidade tén? A mín sóame tan raro ¿?
eu teño oído ademais "foise polo camiño torto". basicamente semellante
ResponderEliminarEstou pensando que falar contigo non tiña porque ser aburrido, só con escoitar e aprender xa era dabondo..
ResponderEliminarA ver se algún día teño o pracer!!!!
Apertas.
Eu digo "pola gorxa do aire", pero escoitei tamén "polo gorxipo do aire", que ven sendo, ao meu entender, unha mestura de gorxa do aire e gorxa pequena.
ResponderEliminarPois eu sempre dixen "Foise por mal sitio", e nunca escoitara as outras, quizáis porque na miña casa adoitaban falar castelán.
ResponderEliminarAprendo moito contigo, paideleo. Deberías facer un día unha recopilación de todas as frases que vamos xuntando entre todos. sería moi divertido :)
Apertas!
aqui dise polo camillo equivocado ;-)
ResponderEliminarÈ amigo nós também costumamos dizer. Pelo canal do ar.
ResponderEliminarA foto é linda...
Um abraço
Pola gorxa pequena é a que eu coñecía.
ResponderEliminarPois eu tampouco. Menudo susto levaches, espero que te recuperases pronto. E unha situacion moi desagradable para que se atraganta.
ResponderEliminarBicos
Aquí chamámoslle a gorxa do aire tamén.
ResponderEliminarA foto moi axeitada para o caso.