Páxinas

martes, 24 de febreiro de 2009

Polo camiño vello



Hoxe pola mañá traballei como de costume. No momento do taco estabamos a falar e eu ía falar e estaba comendo e houben de afogar que foi a comida polo lado que non é. Eu sempre dixen nese caso que vai " pola gorxa pequena " e teño oído " pola gorxa do aire ". O que nunca oín foi o de ir " polo camiño vello " como dixo un home de Tui.

16 comentarios:

  1. Saúde. Eu adoito dicir "entrou polo camiño malo". Bastante parecido.

    ResponderEliminar
  2. a miña avoa dicía "entrou pola gorxa do aire", non escoitara as outras dúas.

    saúdiños

    ResponderEliminar
  3. nós dizemos pela gorxa pequena mas nem imagino por que se diz pelo caminho velho... será que antestambém podiamos comer pelo outro caminho?
    beijos

    ResponderEliminar
  4. Nós dicimos "pola gorxa pequena", non sabía das outras.

    ResponderEliminar
  5. Eu sempre dixen pola gorxa pequena, o polo outro buraco, pero nunca escoitara polo camiño vello...interesante :)Saúdos e apertas

    ResponderEliminar
  6. éche a riqueza da lingua, pai. :)


    Bicos.

    ResponderEliminar
  7. Así que en EEUU vendían os chicharróns/roxóns envasados, vaia!

    Eu non estiven nunca nos USA pero como tí sí, vouche pedir que me aclares unha cousa.

    A moza dun amigo meu foi alá, penso que a Florida, e dixo que nos supermercados en xeral non había iogures, que costoulle moito atopar un sitio onde mercalos ¿? disque había góndolas enteiras de bacon de diferentes tipos, pero iogures nada.

    ¿ Qué credibilidade tén? A mín sóame tan raro ¿?

    ResponderEliminar
  8. eu teño oído ademais "foise polo camiño torto". basicamente semellante

    ResponderEliminar
  9. Estou pensando que falar contigo non tiña porque ser aburrido, só con escoitar e aprender xa era dabondo..
    A ver se algún día teño o pracer!!!!
    Apertas.

    ResponderEliminar
  10. Eu digo "pola gorxa do aire", pero escoitei tamén "polo gorxipo do aire", que ven sendo, ao meu entender, unha mestura de gorxa do aire e gorxa pequena.

    ResponderEliminar
  11. Pois eu sempre dixen "Foise por mal sitio", e nunca escoitara as outras, quizáis porque na miña casa adoitaban falar castelán.
    Aprendo moito contigo, paideleo. Deberías facer un día unha recopilación de todas as frases que vamos xuntando entre todos. sería moi divertido :)

    Apertas!

    ResponderEliminar
  12. aqui dise polo camillo equivocado ;-)

    ResponderEliminar
  13. È amigo nós também costumamos dizer. Pelo canal do ar.
    A foto é linda...
    Um abraço

    ResponderEliminar
  14. Pola gorxa pequena é a que eu coñecía.

    ResponderEliminar
  15. Pois eu tampouco. Menudo susto levaches, espero que te recuperases pronto. E unha situacion moi desagradable para que se atraganta.

    Bicos

    ResponderEliminar
  16. Aquí chamámoslle a gorxa do aire tamén.

    A foto moi axeitada para o caso.

    ResponderEliminar

És humano ti ?