
O outro día merquei uns libriños a un precio de saldo na librería de Vilaguindastre para reforzar o futuro dos meus fillos e tamén para a miña satisfación. Rin cunha historia que conta Siro López no seu libro " Sorrir en Frades " que trascribo tal como está escrita.
" Tódalas trolas de Manolo eran divertidas, pero a min ningunha me gustou tanto como a do esquimó.
- Navegabamos varios meses en augas xeladas do Polo Norte, en misión científica secreta para o goberno do Canadá. Alí fíxenme amigo dun esquimó e tanto lle falei de Frades, que quixo vir comigo , así que subiu ó barco e, como estaba afeito ó frío, metino no conxelador. O malo foi que cando lle fun levar algo de comer, atopeino morto.
- Home, claro !- diciamos nós- A quen se lle ocorre metelo no conxelador ?.
- Pero estaba en porrancho !- atallábanos Manolo- Morreu de calor !. "
Foto fusilada da ilustración feita por Siro López onde se retratan a Manolo e os rapaces.
Pois si señor o pobre morreu de calor!!! ten boa pinta ese libro :)
ResponderEliminarBicos
se cadra morreu de pena!! que nom sería raro...coma morren muitos animais no zoo, de pena!
ResponderEliminarhahahahaha
ResponderEliminarGran humorista e ilustrador...si señor...hehehehehe, noraboa por mercar de xeito tan acertado. Saúdos e apertas
ResponderEliminarmoi bo, si señor! :-)
ResponderEliminarBarato e moi san, teríamos que practicalo máis a miudo.
ResponderEliminarEse libro lino eu hai uns anos e moito rin con el. A anécdota dos que están botando a partida no bar cando a un dos contertulios lle dá por ir ao váter e desde fóra escoitan o concerto de ventosidades é de antoloxía.
ResponderEliminarBoa compra. Gústame que digas que para o futuro da familia. A lectura é o mellor alimento, porque dura toda a vida.
Apertas.
Manuel Busto
Pódese chegar a conclusións así.
ResponderEliminarOnte fun ver a película do home que nace vello e a sua vida vai transcorrendo xustamente ó revés (morre de bebé).
Non sei como asocei este post coa película, xa que ésta non é de risa; senón unha historia de amor -complicada-; pero...lembrouma.
sempre lhe buscava a volta! que bom
ResponderEliminarbeijos