Páxinas

mércores, 4 de febreiro de 2009

Rir é barato


O outro día merquei uns libriños a un precio de saldo na librería de Vilaguindastre para reforzar o futuro dos meus fillos e tamén para a miña satisfación. Rin cunha historia que conta Siro López no seu libro " Sorrir en Frades " que trascribo tal como está escrita.
" Tódalas trolas de Manolo eran divertidas, pero a min ningunha me gustou tanto como a do esquimó.
- Navegabamos varios meses en augas xeladas do Polo Norte, en misión científica secreta para o goberno do Canadá. Alí fíxenme amigo dun esquimó e tanto lle falei de Frades, que quixo vir comigo , así que subiu ó barco e, como estaba afeito ó frío, metino no conxelador. O malo foi que cando lle fun levar algo de comer, atopeino morto.
- Home, claro !- diciamos nós- A quen se lle ocorre metelo no conxelador ?.
- Pero estaba en porrancho !- atallábanos Manolo- Morreu de calor !. "
Foto fusilada da ilustración feita por Siro López onde se retratan a Manolo e os rapaces.

9 comentarios:

  1. Pois si señor o pobre morreu de calor!!! ten boa pinta ese libro :)

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. se cadra morreu de pena!! que nom sería raro...coma morren muitos animais no zoo, de pena!

    ResponderEliminar
  3. Gran humorista e ilustrador...si señor...hehehehehe, noraboa por mercar de xeito tan acertado. Saúdos e apertas

    ResponderEliminar
  4. moi bo, si señor! :-)

    ResponderEliminar
  5. Barato e moi san, teríamos que practicalo máis a miudo.

    ResponderEliminar
  6. Ese libro lino eu hai uns anos e moito rin con el. A anécdota dos que están botando a partida no bar cando a un dos contertulios lle dá por ir ao váter e desde fóra escoitan o concerto de ventosidades é de antoloxía.
    Boa compra. Gústame que digas que para o futuro da familia. A lectura é o mellor alimento, porque dura toda a vida.
    Apertas.
    Manuel Busto

    ResponderEliminar
  7. Pódese chegar a conclusións así.
    Onte fun ver a película do home que nace vello e a sua vida vai transcorrendo xustamente ó revés (morre de bebé).
    Non sei como asocei este post coa película, xa que ésta non é de risa; senón unha historia de amor -complicada-; pero...lembrouma.

    ResponderEliminar
  8. sempre lhe buscava a volta! que bom
    beijos

    ResponderEliminar

És humano ti ?