Páxinas

sábado, 28 de febreiro de 2009

Sorteo do viño


Metín os vinte números co seu nome correspondente nun calacú de halloween e foi a man inocente do Leo a que sacou o papel co número 18 que corresponde ao Raposo.

Agora teño que percorrer blogos a ver se me tocou algo xa que fixen os deberes e teño reflexionado o meu voto para mañá.


E aquí deixo o vídeo do sorteo.


20 comentarios:

  1. Ata o Raposo ten a sua galiña!!!.

    Pois, Pedro, eu tamén ando mirando e tampouco atopei premio ainda (agás un que nos concedeu alexandraonelight a todos os que nos apuntaramos no seu sorteo. Ti non estabas, pero o Raposo si; así que xa ten dous o de Sober...

    Seguirei mirando, que eu tamén teño reflexionado xa o meu voto para mañán.

    (O Leiño está moi guapo na foto, coa sua mirada inocente; pero vaia golpe que se levou na meixela eh?)

    ResponderEliminar
  2. Moi bo o vídeo :-)

    Unha aperta.

    Antón.

    ResponderEliminar
  3. Hoxe 1/03/09 día das eleccións na nosa terra é tamén o día en que neste acto comunicolle que vostede é o gañador do sorteo celebrado onte na Coruña as 24 h,os depositarios do premio necesitan poñerse en contacto con vostede para facelo efectivo..........

    O leiño está guapísimo,parabéns e que se che vaia facendo a boca auga.

    ResponderEliminar
  4. Parabéns pra Raposo!!! que crecidiño está o Leo, e que simpático! bicos dende o outro lado da rede para todos

    ResponderEliminar
  5. viño? lin viño por algún lado? que rico! E qué pasada de ollos ten o neno, incribles!

    ResponderEliminar
  6. Noraboa o raposo, e a ti tamén que xa vexo que che tocaron uns percebes.

    Eu aínda non cheiren nada, se é que o xogo a min dáseme bastante mal.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  7. com os meus parabéns ao amigo raposo, aqui venho pedir-te que passes de novo no meu blogue... tens lá uma surpresa! :0)
    saudações minhotas,
    Alexandra

    ResponderEliminar
  8. Mnos mal que a min non me gusta nada o viño.....
    (Mais ou mnenos era algo asi co que se consolaba o outro raposo, o do conto, cando non poido coller as uvas, por estar moi altas....total non estan maduras)
    En fin que lle imos facer, seguire buscando sorteos e concuros, pola rede.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  9. Noraboa ao raposo, e tamén digo eu, qué ollazos che ten o Leo!

    ResponderEliminar
  10. Jajajaja...non perdades máis o tempo, ao raposo non lle gusta o viño, mandarmo a min...

    ResponderEliminar
  11. EHHHH, que non vira ao Leo, o rapaz tampouco ten culpa que lle tocara ao Sr. Raposo :-)
    Grandes ollos para miralo mundo, si señor!!!!

    ResponderEliminar
  12. Parabens para Raposo. E o video e moi bonito!

    ResponderEliminar
  13. Precioso o sorteo !felicidades a Raposo!

    ResponderEliminar
  14. Noraboa o gañador. Saúdos e apertas

    ResponderEliminar
  15. Non só é man inocente, ten tamén unha cariña de bo...! Esta guapísimo! Aínda me lembro cando empecei a pasar por aquí... Daquela era un bebé, pero agora xa está feito todo un homiño! Precioso o vídeo!

    ResponderEliminar
  16. Como posa Leo jaja. E que mala sorte a miña (tamén me está ben, que pasou o tempo e nin o meu meme fixen. maldita pereza...)

    Bicos!

    ResponderEliminar
  17. Vai sorte que tedes algúns !! Parabéns para o Raposo e tamén para ti !!

    ResponderEliminar
  18. xenial o video!!!...a pesar do meu autismo herdado cos memes,parabéns ao raposo e tamén a ti.Aperta pai

    ResponderEliminar
  19. Isto si que e unha man inocente :) Noraboa ao gañador

    ResponderEliminar
  20. Por unha vez o raposo ten sorte e non ten que escapar fogeado para o monte.
    Estes días non tiven tempo de trastear pola rede, asi que ata dos premios entérome con atraso.
    Tamén teño sen facer o meu sorteo, a ver si o podo facer o mércores a noite.
    Ben, xa me poñerei en contacto contigo que agora xa pasa da 1 da mañá e a esa hora ata os raposos lles gusta dormir.
    Grazas, e grazas sobre todo o Leiño por esa man inocente e por esos ollos.
    Apertas, meu.

    ResponderEliminar

És humano ti ?