Páxinas

venres, 27 de febreiro de 2009

Vintenove meses


Vintenove meses xa son os que leva o Leo entre nós. Recuperou quilos dende que estivo malo o mes pasado e progresou bastante no falar. Fala só e canta muitas cancións no seu idioma e ata sabe algunha en inglés. Esta semana estivo cos curmáns e parece que espabilou en tódolos sentidos porque anda mui activo e non dorme a sesta e proba comidas imitando aos curmáns. Tamén ten momentos mimosos e ciumentos e non quere saber nada da gardería estando os curmáns na casa.
Mañá o Leo será o encargado de ver a quen lle corresponde o viño de Arbo do meme do traste galego.

7 comentarios:

  1. Pois mira, se xa che sabe inglés e unha cousa marabillosa, e se despois é el o encargado do sorteo sempre pode dicir aquilo de:

    In de uiner is...

    ResponderEliminar
  2. Está claro que as únicas mans inocentes son as dos nosos fillos... ¿Que faríamos nos mal?

    ResponderEliminar
  3. Vendoo como o vexo tan amiudo, xa me sinto como da familia :D Saúdos e apertas. sorte a todos co viño :)

    ResponderEliminar
  4. 29 meses para comelos a bicos, mágoa que medren tan axiña.

    ResponderEliminar
  5. ah non me tocou o premio, pero xa foi un gusto escoitar falar ó leo, e velo con eses ollazos
    (e escoitar os orgullosos proxenitores)

    :)

    unha sorte que tedes!!!!

    ResponderEliminar
  6. Xa sei que o vídeo non dá para moito, pero gustoume moito. Tamén a foto. Ten unha feridiña na meixela. que lle pasou?

    ResponderEliminar

És humano ti ?