
Vintenove meses xa son os que leva o Leo entre nós. Recuperou quilos dende que estivo malo o mes pasado e progresou bastante no falar. Fala só e canta muitas cancións no seu idioma e ata sabe algunha en inglés. Esta semana estivo cos curmáns e parece que espabilou en tódolos sentidos porque anda mui activo e non dorme a sesta e proba comidas imitando aos curmáns. Tamén ten momentos mimosos e ciumentos e non quere saber nada da gardería estando os curmáns na casa.
Mañá o Leo será o encargado de ver a quen lle corresponde o viño de Arbo do meme do traste galego.
Pois mira, se xa che sabe inglés e unha cousa marabillosa, e se despois é el o encargado do sorteo sempre pode dicir aquilo de:
ResponderEliminarIn de uiner is...
todo um hominho!
ResponderEliminarEstá claro que as únicas mans inocentes son as dos nosos fillos... ¿Que faríamos nos mal?
ResponderEliminarVendoo como o vexo tan amiudo, xa me sinto como da familia :D Saúdos e apertas. sorte a todos co viño :)
ResponderEliminar29 meses para comelos a bicos, mágoa que medren tan axiña.
ResponderEliminarah non me tocou o premio, pero xa foi un gusto escoitar falar ó leo, e velo con eses ollazos
ResponderEliminar(e escoitar os orgullosos proxenitores)
:)
unha sorte que tedes!!!!
Xa sei que o vídeo non dá para moito, pero gustoume moito. Tamén a foto. Ten unha feridiña na meixela. que lle pasou?
ResponderEliminar