Páxinas

xoves, 19 de febreiro de 2009

Xiana e o castelo regadeira


O amigo paidovento descubriume unha personaxe de cómic chamada Xiana. Debuxouna Norberto Fernández para a revista Golfiño e vivía nas nubes nun mundo fantástico.
Case sería ideal para a nosa Xiana se non fose porque os debuxos non son mui idóneos para nenos.

16 comentarios:

  1. Tamén hai un libro que ten o meu nome. Que ilusión me fixera cando o descubrín :)

    ResponderEliminar
  2. Home, sempre é algo, o de vivir nas nubes tampouco debe estar tan mal. E que Xiana sexa unha heroína e un bo sinal.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  3. Si, recordo estos debuxos :)

    Hai uns libriños para nenos cunha nena Xiana, pero non recordo onde os vira...

    ResponderEliminar
  4. gustábanme moito esas viñetas
    pero gárdallas pra cando medre un pouco ;)
    (o meu sobriño, por certo, chámase xián :D)

    ResponderEliminar
  5. E quando nasce a Xiana? E o Leo, já se fantasiou?
    Um abraço e bom Carnaval

    ResponderEliminar
  6. ¿ Xiana non era a heroína esa que saía na galega? Do tebeo nunca soubera nada.

    Unha aperta para a túa heroína particular.

    ResponderEliminar
  7. por certo... qué vas facer co nome do blogue?

    ResponderEliminar
  8. Eu non coñezo o comics, pero os debuxos son preciosos..A min tamen gustariame vivir nas nubes, as mais das veces xa estou nelas.....segun dime a miña muller claro..

    ResponderEliminar
  9. Quizáis non teña a obriga de mudar de nome o blog...
    Xiana é un dos seres queridos de Leo, non si? ;-)
    "Leo e os seus"

    Unha aperta.

    Antón.

    ResponderEliminar
  10. Coido que un dos fracasos de golfiño foi a falta de ollada critica, Xiana e unha boa obra (máis a nivel gráfico que narrativo, pero unha boa obra) pero dende logo non é para cativos :) Saúdos e apertas.

    ResponderEliminar
  11. Vas ter que confornarte coa lenda na que é protagonista Colin

    ResponderEliminar
  12. pois gárdellos, que o tempo logo corre

    ResponderEliminar
  13. Eso, sempre llos podes gardar para máis adiante.
    E fíxome gracia a pregunta de Mer, con respecto ao nome do blog. Boeno, non sei se tiñas pensado algo nese senso; pero Xiana vai ser "dos de Leo"; polo tanto segue en pleno vigor o nome ou?

    Apertas de Antas

    ResponderEliminar
  14. Discrepo no de que non son apropiados para nenos. Ao meu fillo sempre lle gustaron, e non polo que pensas, senón porque había espadas, loitaban... e esas cousas.

    ResponderEliminar
  15. hihihihi.... afinal vai ser ela mesma que decida que ler... e aliás os segundos sempre som mais espabilados que os filhos primeiros por isso de "sobreviver" ;-P
    beijos

    ResponderEliminar
  16. Eu pillei a revista Golfiño xa con 9 anos ou así, e recoñezo que cando lía este cómic sempre se me ían os ollos... :S

    É certo que a estas edades aínda non entenden o que a ti che preocupa, pero tamén é verdade que dende ben pequenos van asimilando todos os modelos que ven para intentar entender o concepto de "beleza" e "normalidade".

    De todas formas, na Golfiño había moitas máis personaxes que seguro que lle gustarán moito tamén. Había un moi escatolóxico (pero iso si, divertidísimo) que creo que se chamaba Fis e os Biosbardos, e que a min me encantaba de cativa :)

    ResponderEliminar

És humano ti ?