Páxinas

mércores, 18 de marzo de 2009

Media Galicia


Un día aí atrás mirei a farola da foto e o ceo e gustáronme así que tirei unha foto. Logo mireina no ordenador e descubrín que a nube de detrás da farola semella a metade norte de Galicia: unha curiosa casualidade.

12 comentarios:

  1. Máis ben a provincia da Coruña, coa boca do dragón (a miña terra) máis aberta e fera que de costume. Falta facía.

    ResponderEliminar
  2. Galicia está en todas partes ;-)

    Unha aperta.

    Antón.

    ResponderEliminar
  3. Gostei da foto.
    Deixo um abraço e as desculpas pelas ausências.

    ResponderEliminar
  4. Galiza agora coas gaivotas está no ceo! Mañá volto logo de tres meses. Saúdos

    ResponderEliminar
  5. si, talmente o arco ártabro (xa dicían na peli El Orfanato que se mirásemos con moita atención as nosas fotos, levaríamos grandes sorpesas. eis o exemplo :-)

    ResponderEliminar
  6. E que a nosa terriña e unica. Moi ben vista a foto.

    Bicos

    ResponderEliminar
  7. As nubes mira que forman figuras caprichosas, so e cuestión de estar atento e botarlle imaxinación, o de plásmala nunha foto xa é máis complicado. Saíuche ben

    ResponderEliminar
  8. Pois si, curioso. E a nube do fondo parece o baixo miño.
    Tan so faltaba unha nube que pintara as rias baixas.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  9. a min paréceme un can deitado

    ResponderEliminar
  10. Non será unha negra sombra que se aproxima polo noroeste?
    Tamén pode interpretarse que Galicia é unha parte do ceo.
    Apertas

    ResponderEliminar
  11. Si, e a Galicia Sur medio desdibuxada, e toda ela por unha farola non acesa iluminada...

    (Non podo beber viño ás noites, que senón póñome poético)

    ResponderEliminar

És humano ti ?