
Nesta volta ao frío apetece arrimarse ao lume e escuitar historias como a que contou o avóM onte. Canto tiña uns oito anos díxolle a súa avoa: " - Colle a cabra que imos botarlla ao castrón. Temos que levala ao Demo". El abriu os ollos e preparouse para coñecer ao Demo en persoa; unha personaxe da que lle falaran na escola, na igrexa e na casa. Tiña algo de medo pero ía coa avoa así que non había perigo. Andaron uns dous quilómetros e subiron á derradeira casa da aldea á beira dunha fonte. O Demo resultou ser un home moreno, coa cara enxuita e o pelo peiteado para atrás. O avóM non perdeu detalle do que falou e dixo e de como era o casoupo coas cortellas e quedou contente de coñecer ao Demo e de perderlle o medo. O que non sabía el é que acabaría casando cunha muller desa casa e contaría esta historia nesa mesma casa.
Non debe ser tan malo como o pintan
ResponderEliminarDos "cumpremeses" de Leo ben que falas, pero dos teus cumpreanos non tanto... ¡Parabéns, que estás feito un rapaz! Que cumpras moitos máis, e que nos o vexamos... E como di o dito: "o importante é ter saúde e os pés quentes".
ResponderEliminarA ver se quedamos á volta da viaxe (estaremos en Dublín do 4 ao 8). Bicos a todos.
Casualidades da vida, ó final foi casar na casa do Demo, quen o diría.
ResponderEliminarCoñezo un amigo que é familia do Demo de Cans, Porriño. Non é o mesmo, non?
Así que estás de cumpreanos? Outra casualidade.
Un saúdo.
Gustanme moito as historias dos avós dos avós.
ResponderEliminarEu gardo, a pesar da distancia, algunhas dos meus da Ría de Muros :-)
Ao final casou cunha muller da casa do Demo. A vida da moitas voltas, verdade?
Hoxe é o teu cumpreanos?
Unha aperta.
Antón.
Xa me parecía a min que ti eras o demo, jajaja, e agora vexo que algo de xeitiño tiña a cousa.
ResponderEliminarIso mesmo díxolle unha vez Trapero Pardo, se non lembro mal, ao cura de Ansemar por organizar as festas do Entroido nas que el ía de pregoeiro: " Como xa sabedes, o señor cura é o demo"...
Bicos
XDDDDDDDDDDDD que boa historia!!
ResponderEliminarE parabéns, que seica estás de cumpreanos :)
Eso si que é facer pactos co demo.
ResponderEliminarSaudos.
Os alcumes moitas das veces siñifican o contrario do que dín. Curioso destino.
ResponderEliminarvaites; casualidades da vida...
ResponderEliminarEstas historias son fascinantes, mágoa que coa sabidoría da vida que teñen os vellos non lles prestemos máis atención.
ResponderEliminarParabéns polo cumpreanos.
Apertas
Boa historia, si señor.
ResponderEliminarA historia é boa, pero o final é excelente. Parabéns
ResponderEliminarTen que ser fodido ter o demo na familia, xa non polo que digan os demais senón polo que poda pensar un. O que está claro é que o demo está na terra antre nós.
ResponderEliminarDe Deus, non sei que decir :-)
Así que vés sendo parente do Demo, non é? Pois nada, acudiremos a ti cando sintamos que se nos achega o lume eterno. Un saúdo.
ResponderEliminarFantastica historia. Ademais contada ao caron do lume. Que ben ulen as cociñas de ferro, eu tiña unha na casa, pero ao final quitamola, unha peniña.
ResponderEliminarBicos