Páxinas

martes, 14 de abril de 2009

Non puido ser

Non somos ninguén e non temos poder ningún e así Xiana decidiu non quedarse connosco e deixarnos tristes.
Tivemos que dicirlle ao Leíño que mamá xa non tiña unha nena na barriga como pensabamos senón que saiu unha bolboreta. O Leo púxolle o color rosa á bolboreta e o seu destino: o ceo e así agora voará ceibe.
E agora desculpa se non escribo nun tempiño.
Graciñas anticipadas polo cariño e os comentarios de apoio.

45 comentarios:

  1. Sinto muchísimo.
    No tengo palabras.

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  2. Tampouco teño palabras.
    Unha aperta ben forte.

    ResponderEliminar
  3. apertas e moitos bicos para a mamá do leo ...coidádevos con cariño :*

    ResponderEliminar
  4. Que mala nova, sinto moito. Ten que ser moi doloroso, pero recordade que tedes a Leo, e sempre pode voltar outra bolboreta.

    Ánimo, unha aperta grande.

    ResponderEliminar
  5. Nestes casos, nunca se me ocorre que dicir. Sintoo. Moito ánimo!

    ResponderEliminar
  6. tede moitísimo ánimo.

    ademáis de con vós, xiana xa está tamén connosco.

    ResponderEliminar
  7. Vaia. Coma todos non sei que máis dicir que non sexa moito ánimo...

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  8. Sintoo moitísimo.

    Un biquiño moi grande

    ResponderEliminar
  9. Vaia. Sintoo moito. Son reveses que a vida nos brinda. Tendes que mirar para adiante porque a vida sigue.....
    Animo e un forte abrazo.

    ResponderEliminar
  10. Un abrazo moi moi forte para vós. Só podo transmitiros o meu cariño e os meus ánimos.....

    ResponderEliminar
  11. Sintocho meu, e unha dura perda, agardo que a dor se troque pronto nunha nova ledicia. saúdos e apertas máis fortes e agarimosas que de costumbro :(

    ResponderEliminar
  12. Ogallá as verbas servisen para atenuar un pouco a vosa dor. Creédeme que o sinto. Unha aperta moi forte.

    ResponderEliminar
  13. A miña aperta amiga e a solidariedade de quen pasou tamén por esa situación.

    ResponderEliminar
  14. Sintoo de veras; Xiana tamén era parte de nós. A vida dá estes golpes e tamén hai que aprender deles, sobre todo a valorar o que sí temos. O Leo ha de darvos a alegría que vos falta, como nos pasou a nós con Xesús. E quen sabe, igual chega voando outra bolboreta. Ánimo e forza.

    ResponderEliminar
  15. únome ao resto de comentarios. Estaremos atentos a ti do mesmo xeito que o Pai de Leo atendeu as nosas coitas noutros intres...

    Unha aperta, compañeiro!

    ResponderEliminar
  16. Sinto moitísimo a vosa perda.
    Non hai palabras que fagan desaparecer a dor. So o sorriso do Leiño vos dará consolo e vos axudará a recuperarvos.
    Unha aperta forte.

    ResponderEliminar
  17. Sinto muito amigo.Deixo um abraço apertado para vós, pois sei por experiência própria que nestas alturas, não há palavras que nos confortem.

    ResponderEliminar
  18. Quero deixarvos todo o meu ánimo.

    É unha mágoa, mais coñezo esta dor e sei moi ben que deixa mal o corazón.
    Mais tedes que ser fortes e seguir adiante polo Leo e por vós mesmos!

    Unha aperta dende lonxe.

    Antón.

    ResponderEliminar
  19. É moi difícil expresarse, non sei qué dicir. Moito ánimo e unha forte aperta.

    ResponderEliminar
  20. Unha bolboreta rosa voando, outra estreliña alumea no ceo e no mar hai outra ondiña.
    Cando o vento vos acariñe a cara, ¿sera Xiana que vos vira a bicar?
    Bicos e apertas para todos

    ResponderEliminar
  21. Síntoo compañeiro. A vida é asi de dura as veces.
    Unha aperta forte e moito ánimo.

    ResponderEliminar
  22. Agora xa entendo...
    Unha aperta moi forte, moitos ánimos e todo o meu agarimo para cada un de vos.
    A pequeniña bolboreta Xiana estará nos vosos e nos nosos corazóns para sempre.

    ResponderEliminar
  23. Dicídelle adeus todo o que necesitedes para que teñades vós e máis ela unha boa despedida.
    Un biquiño moi forte para a familia toda.

    ResponderEliminar
  24. Sintoo moito. Ánimo. Unha aperta moi forte.

    ResponderEliminar
  25. Bicos e ánimos para os tres, sobre todo para a mamá.

    ResponderEliminar
  26. Sintocho ben; e ainda que en momentos asi sempre se cae nos mesmos tópicos e todas asverbas parecen vacias, creeme que despois da noite sempre volve o día, ainda que sexa un día de eses escuros e chuvioso.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  27. Unha aperta moi grande dende Antas.
    (Contástesllo moi ben ao Leo. Buscade agora nel a ledicia que atoparedes)

    ResponderEliminar
  28. O meu apio e o meu cariño mándovolos neste comentario. Esa volvoreta voará sempre nalgures.
    Ahí vai unha aperta moi forte para vos.

    ResponderEliminar
  29. Non sei que dicir. Creo que llo explicastes moi ben a Leo. Moito ánimo e unha forte aperta.

    ResponderEliminar
  30. Unha aperta para os tres, e a ilusión dunha bolboreta

    ResponderEliminar
  31. Como ya sabéis, por Cris estamos al tanto de todo desde el primer momento, No quisimos llamar para daros tiempo de asimilar con un poco de intimidad tan dura prueba de la vida. Vendrán tiempos mejores llenos de hermosas bolboretas . Recibir todo nuestro cariño, un beso para Leo, mucho ánimo para Ana y para ti Pedro.

    ResponderEliminar
  32. Sintoo moitisimo, non sei que dicir...querovos moito, se precisades de algo sabedes onde atoparme...
    Cuidadevos moito...
    Un bico e unha aperta moi fortes.
    Volve pronto.

    ResponderEliminar
  33. Quedome sen palabras tamen eu. Non hai nada que se poida dicir agora. Agás que un bico moi grande e unha forte aperta.

    ResponderEliminar
  34. latorredelossueñosesmeralda23/04/09, 20:13

    Maldigo a negra sombra que unha e otra vez envolve a luz que raia na alborado do dia, e non nos deixa se non amargas bagoas coas que mollar os ollos pechados na noite escura desta vida...pero como o retoño brota ao traves da cinza do lume, a vida a renacer....algun dia de certo.

    ResponderEliminar
  35. Amigo passei só para deixar um abraço .
    E que Deus os ilumine nesta hora triste.

    ResponderEliminar
  36. Para ti, para Leo e para Ana unha aperta fonda que cruza o mar e chega co seu arrecendo a outono. Sintoo moítísimo benqueridos amigos!

    ResponderEliminar
  37. Tamén eu o sinto. Lamento non telo dito antes pero non o souben até hoxe. As palabras agora non valen de moito. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  38. ánimo. mañá agarda outro tempo. escribe.

    ResponderEliminar
  39. sinto-o mesmo muito. beijinhos enormes para os tres com todo o nosso mais fondo carinho. ánimo!

    ResponderEliminar
  40. com carinho: http://oblodelm.blogspot.com/2009/04/premio.html

    beijos

    ResponderEliminar
  41. Apertas cheas de luz de sol.

    ResponderEliminar
  42. Unha aperta grande grande para os tres, recién me enterei agora mesmo. Nunca é tarde para acompanhar.
    Síntoi muito de verdade.
    :)

    ResponderEliminar

És humano ti ?