Páxinas

xoves, 30 de abril de 2009

Trinta e un meses ( e tres días )


As augas aínda non foron ao sitio pero hai que actualizar por ese sol que é o Leíño.
Cada vez está máis simpático co ese falaricar que ten que é mistura de galego, español e extraterrestre que vou denominar " leíñés ". O outro día probou na festa da lamprea " pelos de azucre " que é como lle chama ao algodón de azucre. Tamén o outro día recibiu un bico da nai nunha meixela e rapidamente limpou a cara, recibiu outro bico na outra meixela e volveu limpar. A nai preguntoulle porque se limpaba e Leo dixo que estaba sucio. " De que ? " preguntoulle a nai e o Leo soltou: " Sucio de amor. "
E con detalles así imos liberando bo humor e sorrisos que non nos sobran.

19 comentarios:

  1. Xa sei que debe ser complicado, pero tedes a gran sorte de ter a Leo, e xa ves, sempre vos intentará animar. Ou máis ben tedes que animarvos por el.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Benvido ao blog :-)

    Disfrutade destes anos co Leo que medra axiña ;-)

    Unha forte aperta para todos.

    Antón.

    ResponderEliminar
  3. Xa dicía eu que ese paiasinho "con pelos e que medra" seguirá amenizando o voso circo!!.
    "Estar sucio de amor" é unha frase digna de ser patentada.

    Unha aperta moi grande para os tres

    ResponderEliminar
  4. Aledame a tua volta, ese Leo nunca nos defrauda coas suas fraseciñas, inda nos acabamos de rir un pouco, "sucio de amor", ou mirou algunha telenovela ou non sei, recordo outra que me contara Ana, se me permites contala, claro esta, de que xogaba con catro monecos, e colleu un e dixo, o neno durme co pai, pensou un pouco e soltou: non que o pai non ten teta.
    Bqñs.
    Coidadevos moito.
    Sauda a Ana da miña parte.

    ResponderEliminar
  5. QUe simpático. Alégrome de que consiga sacarvos sorrisos en tempos como estes. E benvido de novo á rede.

    Bicos e apertas para os tres

    ResponderEliminar
  6. Grazas por darte a ver de novo. Unha aperta para todos, en especial para o becho ese da foto.

    ResponderEliminar
  7. velaí, hai razóns ben potentes para non perder un segundo e percurar coma nunca a felicidade. saude.

    ResponderEliminar
  8. Xa sabia eu que ese Leíño e o seu mundo máxico os ía poñer o sorriso nos beizos mais rápido do que pensabades. Alégrome moito, ánimo.
    Por ceto a frase do Leo non ten desperdicio, ¡meu deus! "sucio de amor" eu xa teño gañas de que fale Samuel e resulte un filósofo tan interesante como o Leo.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  9. E unha bendicion que teñades a Leo e que vos encha de sorrisos. "Sucio de amor" que ocurrencia mais simpatica e fermosa, este neno é unha delicia. Bicos para el e para vos :)
    Alegrome de verte de novo por eiqui, ainda que sexa pouquiño a pouco :)

    ResponderEliminar
  10. Alegrome de verte por aqui de novo. E bon que nos sigades a contar estas historias. Necesitamos emporcallarnos no amor.
    Saudos e apertas para todos.

    ResponderEliminar
  11. Ánimo, por el.

    ResponderEliminar
  12. Pasará, isto tamén pasará.

    Un biquiño moi grande e parabéns para o artista, ten cada ocurrencia... :)

    ResponderEliminar
  13. Canto creceu, esta feito un homecito!
    E que cariñoso e,no?

    Bicos

    ResponderEliminar
  14. Alégrome, non sabes como, da volta... botábate moito en falta.
    E xa ves que o Leíño non defrauda; aínda que custe hai que rir.
    A ver se dades sinais de vida, que o sábado e o domingo estamos pola casa.
    Por certo, aínda está "en obras" pero estou facendo un blog do SNL; non pode ser demasiado persoal por tratarse dun blog do Servizo no que estou, pero a ver que tal resulta. Cando o vexas dime que che parece e dame consellos.
    http://www.blogoteca.com/snlredondela/

    ResponderEliminar
  15. O Leo está lindo e é uma benção do céu.
    Deixo um abraço grande para os três

    ResponderEliminar
  16. Sucio de amor, en fin, vaia ocorrencia. Está lindísimo.

    ResponderEliminar
  17. Gracias por compartir con nós este precioso rei que está feito o noso Leo...
    bicazos.

    ResponderEliminar
  18. Que expresión tan fermosa: estar suxo de amor. Estou seguro que para se limpar empregou un aloumiño.
    Apertas para todos vós.

    ResponderEliminar
  19. Coido que xa máis dun che faría esta pregunta, ¿Ata cando se conta por meses?

    ResponderEliminar

És humano ti ?