
Con motivo do día das letras galegas pediron na gardería de Leo que levasemos unha camisola branca para pintar e un conto así que o Leo vai levar o conto das gafas máxicas.
" Cando entro no garaxe pídolle as gafas á miña nai porque son máxicas. Poño as gafas e o garaxe cos coches queda transformado na cova de Aladino cos tesouros. Se vexo un gato pola rúa convértese nun tigre. As farolas semellan palmeiras e así pasa con todo.
Logo miro para miña nai e é unha princesa guapa pero quito as gafas e segue sendo esa princesa guapa de antes.
Eu penso que a maxia téñoa eu nos ollos ".
Como é o conto? A princesa guapa de "antes"? E que pasa, que a de agora, sen ver polas gafas, non é guapa?
ResponderEliminarBromas aparte, bo conto. Pero non todo é como se pode, ou se quere mirar.
Apertas
Jo que fermosura de conto.....Eu quero unhas gafas así, dillo a Leo da miña parte.
ResponderEliminarBicossss
Un fermoso conto ¡felicidades! É moi difícil escribir un conto curto, dicir e expresar tanto agarimo con tan poucas palabras
ResponderEliminarEu apúntome tamén a unhas gafas así.
ResponderEliminarA maxia non está nos ollos. Está na cabeza. E canta mais maxia teñamos mellor.
ResponderEliminarSaudos.
Quen nos dera a máis de un ter unhas gafas máxicas e uns auriculares máxicos tamén.
ResponderEliminarUnha aperta.
Máis que maxia, o que ten nos ollos son poderes. Como me gustaría ter unhas gafas así... igual un día mas pode prestar (con volta, claro)
ResponderEliminarEsas gafas non hai diñeiro no mundo que as pague.
ResponderEliminarMoitos bicos e que a primavera lle gane ao inverno. Sempre.
Teño que aprender a esscribir dese xeito, fermoso conto. Saúdos amigo, e apertas
ResponderEliminar:D
ResponderEliminarTeñen unha cor especial por iso vedes o mundo dunha maneira especial. Refírome aos sentimentos de quen mira.
ResponderEliminarQue sorte ten Leo de que lle descubrades tanta fantasía a través dunhas gafas.
Apertas.
Ben seguro que tes máxia nos ollos e na vida, con ese meniño non has de ter?
ResponderEliminarPois que siga a maxia na túa vida sempre.
Bicos.
Gostei dessa "a magia tenho-a eu nos olhos" Muito bonito.
ResponderEliminarUm abraço e bom Domingo
Entón esas lentes quéroas eu. Jeje. Gustoume moito o conto. Saúdos.
ResponderEliminarUn conto precioso; quizas nos tamén deberiamos por algunha vez esas gafas
ResponderEliminarQué bonito o conto. O Leo vai ter que deixarme esas gafas algunha vez.
ResponderEliminarBicos