Páxinas

martes, 12 de maio de 2009

As gafas máxicas


Con motivo do día das letras galegas pediron na gardería de Leo que levasemos unha camisola branca para pintar e un conto así que o Leo vai levar o conto das gafas máxicas.
" Cando entro no garaxe pídolle as gafas á miña nai porque son máxicas. Poño as gafas e o garaxe cos coches queda transformado na cova de Aladino cos tesouros. Se vexo un gato pola rúa convértese nun tigre. As farolas semellan palmeiras e así pasa con todo.
Logo miro para miña nai e é unha princesa guapa pero quito as gafas e segue sendo esa princesa guapa de antes.
Eu penso que a maxia téñoa eu nos ollos ".

16 comentarios:

  1. Como é o conto? A princesa guapa de "antes"? E que pasa, que a de agora, sen ver polas gafas, non é guapa?

    Bromas aparte, bo conto. Pero non todo é como se pode, ou se quere mirar.

    Apertas

    ResponderEliminar
  2. Jo que fermosura de conto.....Eu quero unhas gafas así, dillo a Leo da miña parte.

    Bicossss

    ResponderEliminar
  3. Un fermoso conto ¡felicidades! É moi difícil escribir un conto curto, dicir e expresar tanto agarimo con tan poucas palabras

    ResponderEliminar
  4. Eu apúntome tamén a unhas gafas así.

    ResponderEliminar
  5. A maxia non está nos ollos. Está na cabeza. E canta mais maxia teñamos mellor.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  6. Quen nos dera a máis de un ter unhas gafas máxicas e uns auriculares máxicos tamén.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  7. Máis que maxia, o que ten nos ollos son poderes. Como me gustaría ter unhas gafas así... igual un día mas pode prestar (con volta, claro)

    ResponderEliminar
  8. Esas gafas non hai diñeiro no mundo que as pague.



    Moitos bicos e que a primavera lle gane ao inverno. Sempre.

    ResponderEliminar
  9. Teño que aprender a esscribir dese xeito, fermoso conto. Saúdos amigo, e apertas

    ResponderEliminar
  10. Teñen unha cor especial por iso vedes o mundo dunha maneira especial. Refírome aos sentimentos de quen mira.
    Que sorte ten Leo de que lle descubrades tanta fantasía a través dunhas gafas.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  11. Ben seguro que tes máxia nos ollos e na vida, con ese meniño non has de ter?
    Pois que siga a maxia na túa vida sempre.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  12. Gostei dessa "a magia tenho-a eu nos olhos" Muito bonito.
    Um abraço e bom Domingo

    ResponderEliminar
  13. Entón esas lentes quéroas eu. Jeje. Gustoume moito o conto. Saúdos.

    ResponderEliminar
  14. Un conto precioso; quizas nos tamén deberiamos por algunha vez esas gafas

    ResponderEliminar
  15. Qué bonito o conto. O Leo vai ter que deixarme esas gafas algunha vez.

    Bicos

    ResponderEliminar

És humano ti ?