Páxinas

venres, 22 de maio de 2009

Premio ao blogo maneiro





Hai uns días a amiga LM deume o premio Olha que blog Maneiro que agradezo de corazón. Entroume a curiosidade e nas miñas pescudas cheguei á conclusión de que maneiro significa interesante ou curioso así que o premio é dobremente bo se LM considera o meu blogo interesante ou curioso.


Eu teño que premiar a outros cinco así que aí van:


- magago ( variadísimo e vizoso )


- trafegando ronseis ( ensinoume muito cos seus vídeos sobre Ramón Piñeiro )


- ao pe do Farelo ( móstrame lugares galegos que non coñezo )


- turismo de Pontevedra


- marcus


Espero seguir sendo merecente deste premio.


11 comentarios:

  1. Graciñas polo recoñecemento, aínda que recoñezo estar algo flipado polo feito de que chegue a blogues galegos unha campaña mimética brasileira.

    ResponderEliminar
  2. Ti si que aportas maneiras...(en plan futbolístico sería cando alguén sabe o que fai, ou ten cualidades.)

    Noraboa.

    ResponderEliminar
  3. Eu sempre identifiquei maneiro com pavero, chulo, guai... esse tipo de significados ;)

    ResponderEliminar
  4. Premio ben merecido. Parabens.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  5. aopedofarelo22/05/09, 21:20

    Pois moitas grazas, polo teu cariño, ao recordarme. Por soposto que me fai ilusion, xa sei que estas cousas son o que son...pero a todos nos gustanos saber que os que nos botan unha ollada dende o outra lado, son solidarios de nosos penas, alegrias, recordos, cousas, e olladas a este mundo irreal, virtual e cotian.
    Por certo, vou ver quen raios é este blogueiro do que non tiña ni idea que fala tamen de Bustelos. como ti me dis...
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  6. En nome dos tres que facemos turismodepontevedra, moitas grazas polo premio e o cariño que lle tes demostrado o noso blog. A alegria é tripe: Polo feito do premio, de que veña de ti (que tes unhas fermosas gafas máxicas para velo todo, como as do conto), e que o fagas arrodeándonos de outros blogs moito máis maneiros que o noso, e que seguimos desde hai tempo.

    Unha forte aperta de Marcos, Martín e Ana.

    ResponderEliminar
  7. Parabéns.

    A reflexión que fai Marcus ven a corroborar os potentes lazos que nos unen coa cultura luso-brasileira.

    Apertas de Antas

    ResponderEliminar
  8. Leo segue a ser un neno fermoso e afortunado. E por riba con gustos musicais definidos. Ata lle senta de marabilla o pixama.
    Moitas apertas

    ResponderEliminar

És humano ti ?