Páxinas

mércores, 27 de maio de 2009

Trintaedous meses


O Leo fai trinta e dous meses e progresa ao seu ritmo. Onde máis progresa é no falar porque fai frases longas e simpáticas. Inventa paroladas entre os monecos e mete castelán no galego. O outro día estaba cos monecos e no discurso solta o Leo un " ha hacido ". Debeu de notar algo mal que corrixiuno rapidamente cun " fixou " porque el conxuga os verbos de forma regular a así de " levou, cantou, falou " tira el " dixou ", " fixou ", etc. Logo ten unhas palabras simpáticas como " címpele " para " príncipe " e " zacatíns " para " calcetíns ". Tamén corrixe á xente como o outro día que lle sinalaba unha bandeira á nai e dicía el " bandeira ". A nai dicíalle " ahá " e o Leo soltou " Ahá non; bandeira. ".
Na hora de comer non progresa nada que só quere comer trapalladas e de facer as súas " cousas " tampouco avanza. A ver se cambia contra o verán.
Deixo unha foto de primeiros de maio que me gusta bastante.

17 comentarios:

  1. pois si q sta guapo e gracioso, empeza ste ano no colexio?
    Bqñs.

    ResponderEliminar
  2. Pero mira que hombrecillo!

    ResponderEliminar
  3. Aroa acaba todo en -ín: comín (de comer), bebín (de beber), ficín(de facer)...
    Sonche unhas risas

    ResponderEliminar
  4. Nestas fechas é cando mais te ris con eles. Todolos dias sorprenden a un. Asi que non deixedes de disfrutar das sorpresas.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  5. Ó MARTES ESTABA NO CENTRO CULTURAL DO PORRIÑO, VENDO ÓS TITERES, É FOI UHNA DELICIA VELO TODO ATENTO CON ESES OLLOS PRECIOSOS É GRANDES QUE TEN SEN PERDER PUNTO, TODO INTERESADO COS OLLOS ESCARRACHADOS,PERFECTAMENTE SENTADIÑO É SEN DAR NADA DE GUERRA. DE VERDADE É PRECIOSO. BICOS. EVA.

    ResponderEliminar
  6. Debe ser que, entre blogueo e blogueo, boto moito tempo desconectado, pero cada vez que o vexo levo un susto. Non por el claro, senón porque demostra canto tempo pasou xa.

    Saúdos.

    ResponderEliminar
  7. lembro un sobriño que o decia sacatines, e para correxilo meu cuñado disolle cal- ce - ti- nes- el dixo igual e logo disolle agora di calcetines todo junto, e dixo sacatines todo junto :) Leo a medrar intelectualmente moi ben, por que dame a min que esta nun bo entorno. SAúdos e apertas meu

    ResponderEliminar
  8. Qué cousa máis tenra o dos zacatíns! :)

    ResponderEliminar
  9. A min pásame como a Larvos, quedei pasmada, menudo cambiazo, e como lle cambiou a expresión!
    Saúdos a Leo e aos seus tamén.
    X

    ResponderEliminar
  10. A verdade e que e ben feitiño, moi guapo, o malo e que medran moi deprisa, pero que guapiño é :)

    A min encantame como falan cando son asi de pequechos :)

    Moitisimos bicos :)

    ResponderEliminar
  11. O Leo é total, mui feitinho!!!.

    Beijosss para el en especial e para ti e para Ana por suposto.
    :)

    ResponderEliminar
  12. Desde el blog en apoyo al “Premio Maria Amelia López Soliño” a la mejor bitácora escrita por una persona de la tercera edad, agradecemos tu cariñoso comentario de condolencia dejado en su blog y te animamos a estimular a tus mayores a seguir su ejemplo.

    Un saludo afectuoso.

    ResponderEliminar
  13. Está un homiño feito (non é de estrañar, porque medran que é un gusto)

    ResponderEliminar
  14. Tes un agasallo no meu blog.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  15. Está cada dia mais bonito. E não se preocupe, cada criança tem seu ritmo.
    Deixo um abraço e votos de uma óptima semana.

    ResponderEliminar
  16. o pediatra dos nossos diz que nenhum neno morre de fome enquanto tenha comida a mam. assim que tranquilos que quando queira comer comerá.
    beijos

    ResponderEliminar

És humano ti ?