
Andar nisto dos blogos ten os seus premios e así o amigo Manuel L. Rodrigues mandoume o seu poemario " Antítese nativa ". Tamén me mandou unhas palabras que rematan así: " Sen mais, agardo goste do poemario. Como ben sabe; cando unha obra de arte inicia o voo deixa de pertencer ao seu autor para trocarse propiedade de aquel ou aquela que o desexe ter entre as súas mans. Conseguido este logro; eu, persoalmente, declárome satisfeito.
Unha forte aperta.
... e dalle saúdos ao Leo da miña parte. "
E eu, como novo propietario, vou pasar a desfrutar da súa leitura.
Graciñas, Manuel.
O dito...que a disfrutes. bo lecer
ResponderEliminarA min tamén me tocou... mais estou a espera de que o autor poda mandarme o seu mail para mandarlle os meus datos, para así poder desfrutar eu tamén da sua obra.
ResponderEliminarApertas
Parabéns polo agasallo. Eu tamén visito regularmente o blog de Manuel L. Rodríguez, un rapaz asisado para a prosa. Xa me contarás se tamén o é para o verso.
ResponderEliminar...pois que sexa para ben. Unha forte aperta, e graziñas pola reseña na entrada.
ResponderEliminarPódese comprar xa nas librerias?
ResponderEliminarA.Cris