
Onte ata o coche desfrutou de sombra e esta vista por só dous euros. Recupereinos cando fun mercar bebidas a un bar que rexentaba un dobre de Julio Iglesias que tiña unha foto preciosa da illa de Toralla antes do rañaceos. Digo que os recuperei porque me convidou o novo dono que coñecía dun curso. Chámase Lucio, non se parece a Julio Iglesias, ensinaba taichi e cambiou de sector pola crise.
Hoxe xa desbordaba a praia coa xente e os coches e o noso houbo que aparcalo ao sol pagando o mesmo. Iso si, a auga estaba máis morniña e apetecible que nunca.
E logo o taichí non ten saida en época de crise?. Debería
ResponderEliminarSin rañaceos e sin ponte, si que é fermosa a foto e a isla.
ResponderEliminarPois aproveita a praia e disfruta dela. A min dame unha pereza ir, a ver se me animo un día destes.
Un saúdo.
Que alegría atoparte de novo. Tanto mudo de plantilla que os perdo por o camino.Xa ficheite de novo,jeje
ResponderEliminarEu estou na casa co brazo vendado y mollo os pes napiscina,a ver que quitenme esto xa e podo disfrutar do calor.
Biquiños ;)
Que bela imagem amigo.
ResponderEliminarOlhe enviei uma gracinha, feita com a foto do Leo. Espero que ele goste.
Um abraço
Cando vexas na prensa que voaron a Torre de Toralla cun cartucho de dinamita, podes sospeitar de min. É un edificio que me pon enfermo. Saúdos.
ResponderEliminarFermosa foto de Toralla. Que tempos, non?
ResponderEliminarO que non dis é de onde é a foto que pos dende a sombra...
Ah! E dille a Veloso que non ande facendo declaracións desas pola rede, que hai moito espía, e como pase algo aínda son capaces de botarlle a culpa... Como seica que se está batasunizando a sociedade galega...
Por certo, quen inventaría o verbo "batasunizar"?