Páxinas

mércores, 17 de xuño de 2009

Lírica no diccionario


Fedellando por aí adiante topei este posteo onde me decatei da beleza que ten a definición da palabra paisaxe en portugués.
Paisagem: (do fr. paysage) Espaço de terreno que se abrange num lance de vista.
A autora engade dúas frases preciosas:
Desengane-se então, quem julga que a paisagem não é uma invenção do homem.
Foi a invenção da paisagem que reconciliou o homem com a natureza.
En galego non queda atrás. Paisaxe, s. f. Extensión de terreo que se abrangue á vista considerada no seu aspecto artístico.
Na foto sae a paisaxe que se admira dende a Refontán en Arbo.

7 comentarios:

  1. A riqueza que agochan as palabras so pode ter traslado na impresión que despois nos causa a contemplación do por ela descritos.

    (Ogallá se poidera transportar a enerxía eléctrica mediante ondas hertzianas, para que non escarallasen a mirada...)

    ResponderEliminar
  2. É certo que ás veces a poesía está onde menos se espera. Linda paisaxe a de Arbo

    ResponderEliminar
  3. As paisaxes sempre son fermosas, e unha forma de expandir a nosa vista, os nosos sentidos.

    Fermosas palabras, fermosa paisaxe.

    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Estiven vendo un intre o blog de referencia, ten boa pinta só o nome xa me gusta "Blog de cheiros"
    A.Cris

    ResponderEliminar
  5. De volta de novo, é unha ledicia ver esta paisaxe recibíndote. Non me esquecín dos percebes, pero xúroche que os comes este ano.Aperta forte

    ResponderEliminar
  6. A natureza en si e unha paisaxe,logo o home amolda a sua maneira e che digo ,que ti o sabras,que sempre acaba por destruila ......


    PRAADIANTE

    ResponderEliminar

És humano ti ?