
En abril fixen esta foto a menos dun quilómetro de onde vivo e, no primeiro, fíxome gracia pero pensei un pouco e decátome de que quen o puxo quere sacar da ignorancia polas boas ao " apañador " descoñecido.
O amigo Chousa puxo unha foto semellante no seu blogo onde tamén se informa aos ignorantes de que todo, todo ( ata canas e toxo ) ten dono.
Dentro de pouco van aparecer máis cartéis deses, que o pillaxe nas fincas vai a máis. O ano pasado, cerquiña de donde vivo, un veciño cando foi vendimar a viña, xa estaba vendimada!! Con nocturnidade ou non, alí so quedaban as cepas e as follas.
ResponderEliminarAíndda que se puxera un carteliño, pouco había de cambiar.
Un saúdo.
Hai xente que se habia desenvolver moi ben nun rexime comunista como o cubano
ResponderEliminarHá gente que não respeita nada nem ninguém.
ResponderEliminarUm abraço
Si señor!!. Por iso o poema empezaba con aquelo de "toxos e xestas da Galiza miña..." (Que ben podían ser toxos e canas.
ResponderEliminarEn Ourense hai unha zona onde a xente está atemorizada, ultimamente entran a roubar onde sexa, levando o que sexa. E que ademais saben quen é, pero alegan que non teñen que comer... Fai pouco falando cun coñecido, que, non sei se sabedes onde está o Paseo das Ninfas en ourense, a beiriña mismo do rio, ben pois iste home ten unhas fincas ali (e dicir, case no centro da cidade e pasando continuamente xente polo paseo) nas que plantou patacas, ¡¡¡ao dia seguinte encontrou a leira saqueada!!! cortaron a alambrada e levantaronlle as patacas da terra...
ResponderEliminarEn fin... haberá que poñer de novo os carteis ises de "Ollo ó can, morde"
Bicos
Eu cando as apaño, pidolle permiso o seu propietario, pero apañar, por apañar é tontería, de seguro que fan falla, pero non costa nadiña pedilas. SAúdos e apertas
ResponderEliminarpor certo...a min roubaronme case 30 coellos...eso si que é de malpocados :(
ResponderEliminarE as piñas do monte, é as flores de carrasco, tampouco se poden coller?
ResponderEliminarTémome que me levarán presa.
A.Cris