Páxinas

venres, 3 de xullo de 2009

Concurso - sorteo


Como eu non teño unha compañía eléctrica considérome máis xeneroso e regalo dúas botellas de viño.
Pois si, o outro día estaba eu ensacando alimento para animais no choio cando me fixei na etiqueta e lin isto curioso: " Administrar a libre disposición sobre una superficie plana de fácil acceso para los animales ". Pensei nos animais para quen ía destinado o produto e dixen para min: " Claro. " E agora empeza o concurso-sorteo. Cada blogueiro ten opción a dicir un animal na caixa de comentarios, atención, só un animal por blogueiro. O que atine co becho leva unha botella que lla mando por correo. Logo sorteo entre todos os que non atinaron a segunda botella. E dou de prazo unha semana xusta. Ala, animaivos !.

16 comentarios:

  1. Na casa somos abstemios, así que non participo pero... eu seino, eu seino :DDDDDDDDDDD

    ResponderEliminar
  2. Coello

    (Meninheira: eu sí bebo. O meu enderezo electrónico está no meu blogo...)

    ResponderEliminar
  3. Vou tirar a voleo, pode ser para tartarugas? Se é que fan comida para elas.

    Curiosidade, como se poden interpretar as frases, como exemplo esta que escribiches que tiven que ler de segunda volta. Xa me parecía a min, jeje.

    "Pensei nos animais para quen ía destinado o produto e dixen para min:"

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Galiña.
    Non quero repetir coello que xa o puxo Chousa.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  5. eche pra as pitas? Quen sabe. SAúdos e apertas

    ResponderEliminar
  6. Porcos. (non llo digo por vós, aclaro polo comentario de Carlos jajaja)

    Saúdos.

    Antón.

    ResponderEliminar
  7. Non teño nin idea, pero como ninguén dixo avestruces pois dígoo eu.

    ResponderEliminar
  8. Gatos.

    E cédolle a botella ao Raposo, porque seguro que han de ser gatos :)

    ResponderEliminar
  9. Iba decir lirias (ratas), pero como xa está tomada, vou decir lamáchaghas (babosas). Mira no meu blog por que non puden conseguir os percebes, je je. Apertas

    ResponderEliminar
  10. VOU DAR UNS DÍAS MÁIS DE PRAZO.

    ResponderEliminar
  11. Se gaño eu a botella, non gastas en correo.
    Poden ser "hamsters"?
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  12. Bueno, a ver se hai sorte. Eu digo pombas, para non repetir ningunha das que xa se dixeron. Unha aperta.

    ResponderEliminar

És humano ti ?