Páxinas

luns, 27 de xullo de 2009

Trinta e catro meses


E van trinta e catro meses, a só dous de cumprir tres anos !.
Come ben anque non quere coller o garfo. Está sen cueiros pero non pide pis e hai que pólo a mexar que, se non, mexa por el. Fala bastante e ten imaxinación e así mestura o mundo real cos mundos dos contos e DVDs. Na foto fixo o castelo de " Bella e Bestia ". Gústalle cantar e parece ( para o seu ben ) que ten millor oído musical ca o pai. Canta a canción de " Paco Papán " cambiando o nome do protagonista por avó Moncho, avoa Marita, señores, papá, mamá, os curmáns ou paraguas ou coches ou o que sexa.
Aquí vai un exemplo.


Trascrición da canción: ( Paraguas Papán non fai n ) ada de proveito e só asubía e asubía. Sua nai mandou buscar traballo e que fai a cama cada día. Paraguas Papán, tun, tun. Paraguas Papán, pan, tun. Paraguas Papán, Paraguas Papán.

19 comentarios:

  1. Cantas similitudes atopo coa miña filla. O que máis me alucina é a imaxinación que teñen, e as películas que se montan. Chegan a aprender un Dvd. case que de memoria.
    En nadiña tres aniños, como medran.

    E grazas pola información no tema do balneario. Seguriño que nestas vacacións que van a entrar pasarei por ali.

    ResponderEliminar
  2. Vai montando o local de ensaio pai que este nun nada vaise de xira.Apertas

    ResponderEliminar
  3. É un artista. Que se preparen os de OT.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  4. Por certo.
    O chino este (debe ser) parece que lle colleu gusto ao teu blogue.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  5. Parabéns para el! Está ben ter oído musical =)
    Saúdos!

    ResponderEliminar
  6. Nos tamén somos fans de ese DVD!! :D

    ResponderEliminar
  7. Xa vexo que ultimamente tes unhas amizades moi curiosas, traspasas fronteiras, pero xa nos contarás que che di o chinés ese, que eu non lle pillo nin papa.
    Por certo, a Manuel L. Rodrigues pásalle o mesmo. Que andaredes a argallar volos dous...

    ResponderEliminar
  8. pois si; nós os dous somosche internacionais. Desque puxen no blog o servizo de traducción automática "no paran de pasar chinos"... (xd)

    ResponderEliminar
  9. E paverisimo...ogalla eu sexa tan bo pai coma ti meu.SAúdos e apertas

    ResponderEliminar
  10. Como creceu, é todo un homeciño!
    E artista,jejeje

    Bicos

    ResponderEliminar
  11. ¡Está feito un Elvis! Que ledicia, ver cómo van a máis.
    ¡Unha aperta dende Redondela!

    ResponderEliminar
  12. Topeite unha foto na rede do canastro metálico de Vide. Como hoxe vou poñer un post, voucha pedir prestada. Espero que non che importe, se é así dimo.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  13. Parabéns polo fillo que tedes!

    Disfrutade moito este tempo que medran axiña... eu sei o que che digo ;-)

    Unha aperta.

    Antón.

    ResponderEliminar
  14. Pois a miña sobriña-neta con 16 meses xa come co garfo, e conoce o nome de todo o pueblo. a hostia o que aprenden. Eu tamén che digo que vaias preparando local de ensaio.

    ResponderEliminar
  15. Querida familia, xa estamos na casa. Mamá esta algo máis tranquila pero moi delicada e mimosa. Agora paso todo o tempo con ela así que podedes vir cando queirades. Non vos esquezades da botella de viño nós xa poremos o polbo ou as sardiñas.
    A foto de leo cos coxíns é moi bonita.
    A.Cris

    ResponderEliminar
  16. Entre isto e os Ruxe-Ruxes só un par de guitarras. Saúdos a toda a familia.

    ResponderEliminar
  17. esse castelo é fantástico! e que xeitinho tem para cantar, meu deus!
    beijinhos

    ResponderEliminar
  18. Qué artistazo, madre mía :)


    Mua.

    ResponderEliminar

És humano ti ?