Páxinas

luns, 31 de agosto de 2009

Abur agosto



E rematou agosto e puiden fotografar ao señor que baña os porcos. Tamén ollei de lonxe uns arroaces pescando, oín a verba " embigho " na lingua coloquial, descubrín que lle chaman truel e trueiro ao que chamamos ganapán e mincha ao caramuxo, probei un calzzone de marisco e souben de temperaturas de máis de trinta grados. O malo foi que tocaba recoller e que o Leo anda solto de ventre e con febre.
En fin, abur agosto.

14 comentarios:

  1. En fin que comenzamos un novo mes con mais experiencias ao lombo, a min tamen me da magoa que se vaia.

    Espero que Leo se mellore prontiño

    Moitos bicos

    ResponderEliminar
  2. aopedofarelo31/08/09, 23:45

    Como cantaban naqulesanos, o Duo Dinamicao, Manolo e Ramon.....¿Os rcordas?, o ti és novo de mais.

    ..O final do veran
    chegou e ti partiras
    eu non sei ata cando
    meu amor recordaràs
    pero sei.........

    En fin, vol,ta o traballo, a rutina, e a botar de menos o folgar.
    Que magoa non ter cartos dabondo para non facer nada...

    ResponderEliminar
  3. Mira que bañar ós porcos...
    Boeno, outros din que lles dan margaritas!

    Benvido sexa setembro (e que lle amañe a tripiña ó Leo)

    ResponderEliminar
  4. Dálle auga con limón e Acuarios. E que non coma nada nunhas horas, xa verás como pasa.
    Benvido setembro.

    ResponderEliminar
  5. Haberá que darlle a benvida a setembro e a todo o que conleva, pero para min é unha mágoa, so pensar no inverno, xa me da algo...

    O de lavar os porcos si que é ben curioso, pero bueno, hai xente para todo.

    ResponderEliminar
  6. Espero que o de Leo non sea nada grave e que pase pronto.

    Desde que estou de baixa ( 3 años), so me doy conta do cambio por lo comenzo escolar.
    Vale, e por os dias mais cortos,jeje

    Bicos e que Leo se poña bon pronto,pronto.

    ResponderEliminar
  7. Si, aló vai (mesmo a miña filla está convencida de que a este agosto lle faltaron días)

    ResponderEliminar
  8. Curto pero intenso. Saudos.

    ResponderEliminar
  9. Que se mellore o Leo, agardo que todo vaia a mellor. Saúdos

    ResponderEliminar
  10. Esta foto ten moitos detalles, un deles a cara de satisfacción do porco.
    Moitos bicos para todos en expecial para Leo.

    ResponderEliminar
  11. por aquí os tinta grados tiveron días contados tivemos un agosto de frío no rostro,así que demos a benvida a un novo septembro.
    bicos e mimos para o Leiño.

    ResponderEliminar
  12. E Setembro chegou, e já vai a 5 daqui a pouco o Leo faz 3 anos. Espero que já esteja recuperado e de boa saúde.
    Um abraço e bom fim de semana

    ResponderEliminar
  13. Hoxe si que prestaba un mangueirazo deses, como o dos porcos.
    A ver se actualizamos o blog, que estás feito un preguiceiro.
    Ah! e mételle un anti-spam ou algo parecido, que isto vai a máis.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  14. Espero que Leo se recupere canto antes ;)
    Por certo, toca dar a benvida a Setembro.
    Saúdos!

    ResponderEliminar

És humano ti ?