Páxinas

luns, 17 de agosto de 2009

Crónicas praieiras


Por esas terras do noroeste pode acontecer de todo. Un visón baixou polas rochas, nadou na auga salgada cinco metros, entrou nunha furna e apañou un cangrexo. A xente que o viamos estabamos abraiados e fomos bautizándoo a medida que avanzaba: gato, rata, ardilla, donosiña, hurón, comadreja, visón e incluso bisonte !. Foi mágoa non ter a cámara a tiro.
Á noite houbo festa e o Leo non o pasou mui ben nas atraccións. Tamén houbo tirada de fogos artificiais impresionante con música e todo. O Leo, ao primeiro tiña medo, pero logo case durmía e todo admirando o lucerío.
Tamén houbo buracos na area, paseo en pedaleta, busca e aprendizaxe de mexillóns, caramuxos, lapas e arneiróns; cafés con xeo, xeados e cervexas.
Ata pillei a uns veciños de toalla contando unha anécdota sobre un alcalde da zona que leva muitos anos gobernando pero que mete bastante a pata á hora de falar.
Estaba o tal alcalde dando un mítin e dixo: " Estos años hemos picheado muchos caminos ". Un secretario intentou correxilo: " Asfaltado, señor alcalde, asfaltado ". E o alcalde pronto remendou: " Bueno, si le he faltado a alguien que me perdone ".

11 comentarios:

  1. Está vde seguro de que non foi o alcalde picheador o que viu bisontes no mar?
    (Por certo, que envexa que o lean en China) :-)

    ResponderEliminar
  2. Iso do alcalde lémbrame aquel conto do cura e o sacristán (que tivera que dicir misa por estar o cura indisposto), e cando contaba a parábola de Lázaro dixo: "y Lázaro se levantó y andó". E o cura, que estaba agochado, corrixiuno dicindo: "andó no, anduvo". E o bo do sacristán dixo para todos: "bueno, anduvo jodido, pero andó".
    En fin, como diría o Caneda: "estamos de caspa caída" coa clase política...

    ResponderEliminar
  3. E pensáchedes que o mellor era unha lontra o que víchedes, daquí a unha parte haiche moitas pola miña vila,iso é bo, quere dicir que a auga volta estar limpa :D Saúdos e bo verán

    ResponderEliminar
  4. Os alcaldes poden faltar. O que non poden é sobrar (como en cada vila somente hai un...)

    ResponderEliminar
  5. Estamos en boas máns, seguro...

    ResponderEliminar
  6. Hahaha moi boa a o do alcalde.
    Os animaliños tamén queren ir de excursión =)
    Saúdos!

    ResponderEliminar
  7. Este ano, ainda non fui a praia de noite. E se ten fogos menos, tenho panico,jeje
    O do alcalde inmemorable,jajaja

    Bicos

    ResponderEliminar
  8. Foi unha pena non lle sacaras a foto ó bisonte, sería moi boa.

    Tanto coma a do alcalde, haiche cada un...

    ResponderEliminar
  9. Boísima a anécdota do alcalde. Con respecto ao visón, nós vimos un hai un par de anos no río Arnoia. Eu daquela confundino cunha lontra, e é que a bioloxía non é o meu. Alégrome de que o pases ben.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  10. E unha foto do alcalde picheando o bisonte, que??!!

    ResponderEliminar
  11. UNha fermosa crónica praieira cun remate moi simpático. OS políticos,(entre eles os aclades) ao falar tanto meten a pata a miúdo.
    Saúdos e bicos para o Leo que xa gusta das festas.

    ResponderEliminar

És humano ti ?