
Hoxe por casualidade coincidín na rúa con tres antigos compañeiros de outros tantos traballos anteriores: un de hai nove anos, outro de hai seis e outro de hai tres anos. Aledoume velos e saber que as súas vidas van ben. Pero non nego que me pareceu extraño este fenómeno e non sei se significará algo. Iso si, quedo coa despedida que me dixo un: " Cuidate que é gratis ".
Boeno...eso de gratis...depende dos vicios que teña un para coidarse!
ResponderEliminar(Grazas por cazarme o desliz que me fixo saltar dun nórdico para outro)
Hummmm a min eso pásame moito. As veces vénseme á cabeza alguénq ue hai anos que non vexo e zas!!! Ese día ou eses días atópome con el.
ResponderEliminarBicos
A verdad que si e raro encontrar os tres, o mesmo dia. Va ser que tens contas pendentes co pasado,jeje
ResponderEliminarSou un pouco meiga,jejeje
E de balde na de na, que coidarse un mesmo costa moitos cartos.
Bicos
Creo que vas ter que ler o libro que ilustra a entrada. Seguro que alí terás algunha explicación máis convincente cá que eu che poida ofrecer.
ResponderEliminarE no de coidarse, se non fose gratis tampouco ten por que ser moi caro.
Apertas.
Pois eu penso que o de estropearse un é o que sae caro: alcol, tabaco, comidas excesivas, etc.
ResponderEliminarNon sei, a frase deume para pensar.