
Estes días foi todo gañar. Gañei unha hora máis o domingo e á tarde aínda sumei outra máis dando unha volta por Portugal ( foto tirada por min no parque fluvial de Vila Nova de Cerveira onde se ve o río Miño con Portugal á esquerda e Galicia á dereita ). Hoxe tocoume unha palmeira de chocolate gratis e nun teléfono público topei unha moeda de dous euros. Invertín eses cartos nun cupón da Once e non me tocou nada. Menos mal que seguro que sendo rico non había de conformarme co que teño !.
Son un tipo afortunado !.
Pois si que eres afortunado,jejeje
ResponderEliminarSu chegas a ganar na Once, non estás aquí pra contar,jejeje
Bicos
A foto e preciosa.¿E tua?
Non che podes queixar, ho! ;-)
ResponderEliminarUnha aperta.
Antón.
Pois si que es afortunado, pero en moitas máis cousas: mira que tes na Gulpilleira uns amigos bárbaros e non estás case nada con eles...
ResponderEliminarFóra bromas; onde é ese sitio tan fermoso?
Moi boa reflexión.
ResponderEliminarO mellor a palmeira de chocolate gratis.
Alegrámonos da túa boa fortuna. As pequenas cousas da vida cotiá son as que nos fan felices.
ResponderEliminarAs pequenas cousas....que grandes son as veces....Con días así de redondos que ben se vai un a camiña pola noite.Que teñas moitos máis días así.
ResponderEliminarBiquiños.
Onde regalan palmeiras de chocolate?. Vale ben, tes sorte, pero o menos que podes facer é compartir... ¿non?
ResponderEliminarBoa reflexión final.
Bicos
Pois sí. Cubre unha lotería ou unha quiniela tamén. Por se acaso...hehehe
ResponderEliminarASi me gusta, que sexas positibo, o fin de contas...que existe xa ten algo de afortunado. SAúdos
ResponderEliminarSigue xogando o cuponazo que coa racha que levas,nunca se sabe.
ResponderEliminarSORTE
E nós teamén somos afortunados, por tervos á familia Leo e quen nos conte desa terra miñota. E ademais co agasallo dunha foto tan fermosa.
ResponderEliminarQue sigades atesourando a mesma fortuna que ata o presente. Apertas.
E logo cara onde ías cando Portugal quedaba á esquerda e Galiza á dereita?
ResponderEliminar(Son un preguntón!)
jajajaja que sorte!!! mágoa o da Once :)
ResponderEliminargustame moitisimo esa foto, pero moito moito, e coma encherse de tranquilidade :) e ademais que tamen me gusta ese sitio, ben fermoso dende logo.
Animate co macro, e regalanos algunha :)
Biquiños