Páxinas

domingo, 11 de outubro de 2009

O Leo pochiño


O Leo leva unha semana un pouco pocho con febres intermitentes, toses, sestas longuísimas, malas noites e días pouco millores, escaseza de apetito, malhumor e con gañas de aghalimos, colos e carranchas, fregas e cóxegas. E nós tratamos de que supere esta etapa con doses de Dalsy, mimos, bicos, tomas de temperaturas, compaña na cama, visitas a pediatra e urxencias, chocolate, contos e películas.
Agora quedan lonxe aqueles días nos que só tomaba teta e estaba forte e repoludo. Nesa época unha señora comentáralle á avoaM: " Os nenos de aghora están tan ben mantidos de tanta trapallada moderna que lles dan ". A avoaM díxolle que non, que o Leo só tomaba teta e a señora remendou rápidamente e retrucou así: " Se é o que digho eu: non hai nada como a teta ! ".
En fin, ninguén nos dixo que criar un fillo era doado.

15 comentarios:

  1. Espero que non sea nada grave e se recupere pronto, pronto.

    Vaya coa señora,jeje
    reatrapouse rapidiño,jejeje

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. E quen o dixera (que é doado criar un fillo), mentiría como un vellaco.
    En todo caso, nunca perdades de vista aquel refrán que reza no senso de que "fillos criados, traballos doblados"
    (Non é por amolar, pero xa iredes vendo que a cada etapa do crecemento, vanlle xurdindo diferentes problemiñas...C'est la vie, mon ami!)

    Que mellore axiña, para que vos recuperedes a ledicia tamén. Apertas

    ResponderEliminar
  3. Uhmm, el Dalsy es mano de santo, pai :)

    Que se mejore el campeón.

    ResponderEliminar
  4. Que se millore, non hai cousa peor que velos pochiños.

    Ten razón Chousa, según a idade que teñen, van dando distintos tipo de traballo. Xa estou tremendo co meu de 14...

    O dito, que se millore.

    ResponderEliminar
  5. "Que te mellores", quixen escribir

    ResponderEliminar
  6. Pois que sexa leve a cousa e acoidarse. Que despois de collela o Leo agardamos que non lles toque a máis da familia.
    Unha aperta e seguro que dentro de nada hai un feliz post coa recuperación do Leíño!

    ResponderEliminar
  7. Os mimos multiplican o efecto de calquera xarope de farmacia.
    Axiña pasa, xa verá.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  8. que se mellore o pequeno!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  9. Se fose fácil, non teríades tanto mérito. Unha aperta forte ó Leo, a ver se mellora.

    ResponderEliminar
  10. Espero que xa estea mellor.
    A mín a matrona xa me dou unha listaxe de cousas que non poden faltar na casa para cando Laura chegue, e entre elas está o Dalsy e o Apiretal.
    Espero non ter que usalos moi a miúdo.
    Apertas

    ResponderEliminar
  11. uffff Iso que che conste... de doado non ten nada!!! Agardo que o pequeno se poña ben. Unha forte aperta da miña parte!

    ResponderEliminar
  12. Que se mellore, pobrete.

    ResponderEliminar
  13. Gracias por tu comentario informativo en mi blog, sobre la apertura del riu Xallas.Tuvimos la suerte de estar allí y realmente es todo un espectáculo!!
    Qué se mejore tu niño!!
    Saludos desde Barcelona.

    ResponderEliminar
  14. Estanche todos igual. O meu inda vai indo... pero das toses e do Dalsy ningún se salva nestes días. Temos os pediatras saturados estes días...
    O caso e que na salita de espera fan festas os viruses entre eles... jajaja. E no cole é imposible que non collan algo...
    Éche o que hai.
    Mentres haxa Dalsy e apiretal e mimitos, que non fallen, pois imos arranxando..
    Nada coma a teta.. jaja

    ResponderEliminar

És humano ti ?