Páxinas

xoves, 15 de outubro de 2009

Sobre o funcionariado ( perdón por falar en xeral )

O Leo aínda non ten conta bancaria. Fan falla requisitos como o certificado de empadroamento e o certificado de nacemento. O certificado do nacemento déronmo nun momento e sen problemas; o do empadroamento xa foi outro cantar. Esperamos un tempo no concello e atendeume o funcionario " escribidorcondousdedos ". Expliqueille o meu caso e pediume o meu nome. Buscou no ordenador e si aparecía eu no meu domicilio pero non a miña muller e o Leo. Díxomo coma se fose culpa miña. Logo deille o nome da muller e aparecía noutro enderezo xunto con Leo. Seica houbo un erro de nomenclatura e misturaron número de vivenda con portal e con bloque pero eu sei que o culpable foi ese mesmo funcionario. Alá empezou a fuchicar e a bufar diante do ordenador e rematou dándome o certificado do empadroamento mal chanchullado no cal todos vivimos xuntos no número 12, portal 12, bloque 12.
A ver que sae de aí !.
O madrugón queda para outro día no que pasará outra historieta burocrática. Segurísimo !.

O chiste pilleino da interrede buscando imaxes de funcionario en Google.

9 comentarios:

  1. real como a vida mesma!! e prepárate para perder toda a mañá na comisaría, esas colas que se ven na tele son reais!! grrrrrrrr

    ResponderEliminar
  2. Xa sei de que "funcionario" falas; eu tamén o sufrín unha vez, que ata me deron ganas de pasar a dentro do mostrador e facelo eu.
    Por sorte non todos son así.

    ResponderEliminar
  3. Non todos son así, pero por desgraza a maioría contáxianse co tempo. Da unha rabia...

    ResponderEliminar
  4. Eu co DNI non tive problemas.Por telefono pedin cita prévia, presenteime o dia e hora señalados e en media hora estaba fora.

    Bicos

    ResponderEliminar
  5. Eu engado que en xeral, por desgraza, funcionan todos dun xeito parecido, salvo raras excepcións.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  6. Pois no concello que vivo sí que é para flipar. É un concello pequeno e queren ter todo controladísimo, fun pedir un certificado de empadroamento e non mo quixeron dar porque non estaba o alcalde.
    Eu contesteilles que cómo que non mo podían dar se non estaba o alcalde, entón qué farían en cidades coma Barcelona, ou sen ir tan lonxe, en Vigo mesmo.
    Ao final déronmo porque durante o tira e afroxa chegou ÉL: o alcalde, coma se fose Deus mesmo.

    ResponderEliminar
  7. Espero que non fora por non entenderte,digo esto pola lingua.Xa que ea quen non lle custou nada chegar a ese posto e ser ter estudio ningun e estes son os que mais chulos se poñen.

    En esta vida todo se arregla,menos a ......

    saudos

    ResponderEliminar
  8. este chiste ten publicidade subliminal do pp XD Cousas miñas, sorte ca burocracia, non sempre e tan nefasta. Saúdos e apertas

    ResponderEliminar
  9. Mira que vivir separados e vos sin sabelo...
    Para que logo digan dos funcionarios; e resulta que grazas a él agora volvedes vivir xuntiños en harmoniosa comunidade.
    (O de poñervos no 12 do 12 do 12 foi todo un detallazo!!!)

    ResponderEliminar

És humano ti ?