Páxinas

martes, 20 de outubro de 2009

Un paso máis para Leo


Onte puidemos facerlle o DNI ao Leo na comisaría chea de niños de anduriña abeirada ao río Miño. Pensei que habería problemas porque non coincidían as imaxes escaneadas dos dedos de Leo e houbo que escanear case todos os dedos das dúas mans ata conseguir imaxes similares e co Leo chorando coma se o torturasemos. Logo co DNI xa lle puidemos abrir unha conta bancaria e obsequiáronlle o típico peto-porquiño de toda a vida.
Hoxe fomos ao mercado en Vilaguindastre e acollémonos dun batagón inesperado na capela da foto. Alí prendemos unhas velas para san Benito para distraer ao Leo e, sería miragre se eu crese niso; pero o Leo pediu pis por primeira vez hoxe e que alegría nos deu !.

8 comentarios:

  1. Por algho será o de...
    San Benitiño do ollo redondo
    hei de ir alá, miña nai, se non morro.
    Hei de levar unha bota de viño,
    e unha bola de pan do Porriño.

    Poderíase cambiar o último verso por:
    ...para que poida mexar o Leíño.

    ResponderEliminar
  2. Je,je, mira ti o San Benitiño. Ver para creer, eu prefiro pechar os ollos.

    ResponderEliminar
  3. Paideleo, grazas pola visita.
    Estaba rematando o texto. Agora, se o desexas, podes atopalo finalizado e, ademais, deixei un enlace que pode interesarche.
    Lereiche e enlazarei o teu blogue.

    ResponderEliminar
  4. Boa anécdota para contar a o Leo cando creza.
    Encantoume ler o dos niños de anduriñas, que bonito.
    En canto a San Benitiño...
    Bicos.

    ResponderEliminar
  5. Pouco e pouco, non se preocupe: cada vez vai sendo máis autónomo, un día mesmo deixará de chorar por unha bobada.

    ResponderEliminar
  6. O de pedir pis do Leo vaiche ser que, como agora xa ten unha conta bancaria, quere adicarlle a mexada ó director do banco!

    ResponderEliminar
  7. Chousa, ten cada unha,jajajaja

    Eu tamén fixen as contas bancarias os nenos, o dificil e botar os cartos....

    Bicos

    ResponderEliminar
  8. Noraboa para Leo, vaise facendo un mociño.

    Que bo o comentario de Chousa, si home si! a verdade e que caseque todos a merecen.

    Biquiños

    ResponderEliminar

És humano ti ?