
Onte puidemos facerlle o DNI ao Leo na comisaría chea de niños de anduriña abeirada ao río Miño. Pensei que habería problemas porque non coincidían as imaxes escaneadas dos dedos de Leo e houbo que escanear case todos os dedos das dúas mans ata conseguir imaxes similares e co Leo chorando coma se o torturasemos. Logo co DNI xa lle puidemos abrir unha conta bancaria e obsequiáronlle o típico peto-porquiño de toda a vida.
Hoxe fomos ao mercado en Vilaguindastre e acollémonos dun batagón inesperado na capela da foto. Alí prendemos unhas velas para san Benito para distraer ao Leo e, sería miragre se eu crese niso; pero o Leo pediu pis por primeira vez hoxe e que alegría nos deu !.
Por algho será o de...
ResponderEliminarSan Benitiño do ollo redondo
hei de ir alá, miña nai, se non morro.
Hei de levar unha bota de viño,
e unha bola de pan do Porriño.
Poderíase cambiar o último verso por:
...para que poida mexar o Leíño.
Je,je, mira ti o San Benitiño. Ver para creer, eu prefiro pechar os ollos.
ResponderEliminarPaideleo, grazas pola visita.
ResponderEliminarEstaba rematando o texto. Agora, se o desexas, podes atopalo finalizado e, ademais, deixei un enlace que pode interesarche.
Lereiche e enlazarei o teu blogue.
Boa anécdota para contar a o Leo cando creza.
ResponderEliminarEncantoume ler o dos niños de anduriñas, que bonito.
En canto a San Benitiño...
Bicos.
Pouco e pouco, non se preocupe: cada vez vai sendo máis autónomo, un día mesmo deixará de chorar por unha bobada.
ResponderEliminarO de pedir pis do Leo vaiche ser que, como agora xa ten unha conta bancaria, quere adicarlle a mexada ó director do banco!
ResponderEliminarChousa, ten cada unha,jajajaja
ResponderEliminarEu tamén fixen as contas bancarias os nenos, o dificil e botar os cartos....
Bicos
Noraboa para Leo, vaise facendo un mociño.
ResponderEliminarQue bo o comentario de Chousa, si home si! a verdade e que caseque todos a merecen.
Biquiños