Páxinas

martes, 24 de novembro de 2009

Anexo da matanza

Seguindo a solicitude dalgúns comentaristas vou explicar algunhas palabras do posteo anterior.
As colmeiras de centeo son unha especie de fachucos feitos con centeo como sae na primeira foto.
A Karcher é a pistola de auga a presión. A vide do xamón é un tendón pola zona do calcañar. Os courachos son a parte da pel do porco coa graxa pegada. Se son grandes fanse roxóns con eles. Ventrechas son as zonas graxentas debaixo da teta ou no cu do animal e é unha parte de pouco valor. Carroleira é a zona da médula espiñal. O solombo sería a carne das costas cerca da médula. As papelas son as papadas do porco. O munico é un cesto plástico e a bareixa é a mosca que pode criar na carne.

E agora vou pór algunhas fotos desta Galicia caníbal que dicía a canción.
Arriba está o momento do chamuscado para eliminar os pelos dos porcos.


Logo trasládanse na escada a outro lugar para lavalos coa máquina a presión. Hai anos, pero non muitos, lavábanse con auga e frotábanse con pedras.

E aquí está o menda co mandilón preparado para picar carne. A roupa de traballo quedara mollada de ir ao monte a buscar leña e houbo que vestirse deste xeito.

16 comentarios:

  1. Nos "queimamos" o cocho con pico e logo cepillamolo cun cepillo dos do pilón. Saúdos e apertas

    ResponderEliminar
  2. Qué boa foto en mandilón!!

    Pégoche un vídeo sobre a matanza. Bastante curioso e cheo, por supusto (isto é Galicia), de contrastes. Esto de non poder matar o porco preto do camiño de Santiago non o sabía.

    Un saúdo

    http://www.youtube.com/user/webdeztv#p/u/227/r6m2X8vC--A

    ResponderEliminar
  3. Dedoenlasopa25/11/09, 00:44

    Agora si que entra todo o enlace

    http://www.youtube.com/

    user/webdeztv#p/u/227/

    r6m2X8vC--A

    ResponderEliminar
  4. Non estoy certa de que na miña casa coincidiran todos os nomes.
    E que..., fai tanto tempo xa...
    Bicos,

    ResponderEliminar
  5. Moitas grazas pola clase maxistral sobre a mata: tes que facer un glosario co léxico que sabes (tes que contribuír ao "dicionario de ausencias" http://mais.vieiros.com/letras2001/mostra_ausen.php?grupo=1)

    E parabéns pola túa foto co mandilón: pensei que non ías ser quen de poñela... tes un "aquel" co demo da bata... que dá gusto verte.

    ResponderEliminar
  6. Lendo este artigo, e máis o anterior, penso qué grande é nosa cultura, que aínda mantén o aprendido en séculos de supervivencia.

    ResponderEliminar
  7. Antes de nada permitame decir señor Paideleo que está usted monisimo co mandilón.
    A min nunca che me gustaron demasiado as matanzas, ni me gustan.O que menos oir berrar os pobres porcos.
    Pero o que si me apunto sen dudalo é a papatoria deses días, canta cousa rica..
    Un bico!

    ResponderEliminar
  8. hahaha tas ghuapísimo!!

    Eu son como bolboreteira, e prefiro o mínimo sufrimento, animal ou humán.

    Por certo que eu creo que o da "Galiza caníval" non ía por isto ;)

    bicosssss

    ResponderEliminar
  9. Moi ben, esta entrada completa a anterior. Estas feito todo un experto, tamén as fotos son moi bonitas de ver e a túa xa non digamos.
    A.Cris

    ResponderEliminar
  10. Non sei que tal fas os labores da matanza (eu xanto ben);pero equipado vas que nin diola.

    Apertas

    ResponderEliminar
  11. Como cambian os nomes dunha zona a outra. Nos que estamos tan cerquiña algúns son diferentes, coma o que lle chamades papelas, que por aquí é as zafeiras.

    Vin enlazado o teu post anterior no "Vieiros", en blogomillo.

    ResponderEliminar
  12. Vaia, non coñecía esas palabras, grazas pola explicación! Sempre me deron pena as matanzas dos animais, pero a miña avoa tamén os queimaba e despois cepillábaos (iso si, cun cepillo dos máis fortes que tiña).
    Por certo, moi boa vestimenta ;)

    Apertas!

    ResponderEliminar
  13. O primeiro que se comia do porco nesta casa eran os "miolos".

    ResponderEliminar
  14. Pero o traballiño que da a mantanza, verdade? o mellor e a festa que se fai.

    A min tocabame atar nos chourizos e o que mais me gustaba era probar a zorza, ben feitiña nas braxas da lareira nunha tixola que so era para tal menester.

    E mira ti, que na miña casa a tal mosca chamamoslle "areixa" pero ia ser que non, que é "bareixa". Graciñas que me vou sabendo algo mais.

    Biquiños.

    P.D. non vou ser menos de comentar á bata... :) e caseque che pinta moi ben :)

    ResponderEliminar
  15. grazas por contar todo polo miudo,
    das partes do porco é normal que non coñecera, (non sei nin pedir na carnicería de qué parte quero que me dean a carne para guisar ou para asar!)
    e nome da mosca tampouco o sabía.
    pola zona de silleda, santa cruz de ribadulla, a estrada etc. ás colmeiras chamámoslle monllos

    naturalmente non podo pasar por alto o ghuapísimo que estás co mandilón de muller.

    ResponderEliminar
  16. aopedofarelo26/11/09, 21:04

    Nos por aqui tamen como cada ano andamos de matanza, polo San MArtin..treman os porquiños....
    E realmente cruel ¡¡¡pero non lle ai que facer estanse tan bos os condenados¡¡¡

    ResponderEliminar

És humano ti ?