Páxinas

domingo, 1 de novembro de 2009

Halloween en Arbo


Este día de chuvia intensa é o tal para quedar na casa a comer castañas e escuitar historias como a que contou o avóM sobre o día de onte. Xa era noite pecha cando andaban cabalos de monte por fóra da casa e alá foi o avóM axotalos para que non entrasen. Logo de marcharen os cabalos apareceulle na cancela unha " comitiva " de seis ou sete rapaces disfrazados. Os rapaces dixéronlle se lles daba algo ( nada de truco ou trato ). AvóM preguntou porque lles había dar algo e un que ía cunha saba branca e unhas barbas brancas dixo: " Porque eu son Dios ". AvóM topou a excusa perfecta: " Pero Dios dá e non pide. " O rapaz retrucoulle: " Iso era antes. Tamén don Adolfo antes daba ( un cura da zona ) e agora pide." Como tiña razón deulles un euro. E alá marchou a comitiva por eses camiños.
Este paréceme un bo exemplo de adaptación do halloween á retranca galega: un disfraz de Deus pedindo cartos.

12 comentarios:

  1. Pois si que é un bo exemplo.
    Oxalá recuperáramos as nosas tradicións e crearamos outras novas, pero nunca copiando o alleo.

    ResponderEliminar
  2. eu mirei aterrada como marín se enchía de rapaces disfrazados ao máis puro estilo ianqui. estou segura de que ningún deles sabe o que é o samaín :(

    ResponderEliminar
  3. Espléndido; estupenda anécdota mollada pola impenitente choiva
    Bicos.

    ResponderEliminar
  4. Que rapaz máis agudo!!! Bo e ver que a retranca típica galega continúa nas novas xeracións.

    Bicos!!

    ResponderEliminar
  5. Non sei que ten este día, pero algo raro ten. A historia que contas é típica, galeguiña ,galeguiña
    Un saudo A.Cris

    ResponderEliminar
  6. Eu Creo que oko esta un pouco equivocada en Marín si se celebra o samaín e fano en todos os colexios, logo os poyitos a mocidade adolescente sucumbe ao fenómeno americano pero si saben moi ben que é e que significa a noite de samaín. Un abrazo veciña. A.Cris

    ResponderEliminar
  7. aopedofarelo02/11/09, 21:55

    Dende logo que si...prciosa a anecdota, o que xa non estou tan dacordo é co dichoso Halloween, o como demo se diga....Dichosos Americanos, e dichoso marketing, temos que ser todos como eles????

    ResponderEliminar
  8. Moi boa retranca, si señor, ise mozo promete. SAúdos

    ResponderEliminar
  9. Primeiro disculpome de novo, sintome mal por non facer o meme.
    O meu fillo foi a pedir polas casa, e por aqui si que deron os caramelos.

    Mais, gustariame que celebraran o sanmaín, e mais da terra,non?

    Bicos

    ResponderEliminar
  10. o de que a festa de halloween non se impoña, e como poñerlle portas ó campo.
    no tempo en que a xente se pode comunicar con xente instantáneamente estea onde estea, fai que cambien moitas cousas,
    e unha delas é adoptar costumes foráneas coma do mais natural,
    pero creo que tamén será inevitable que enseguida se adapten ás peculiaridades de cada sitio.
    nós preocupémonos porque non se perdan as nosas, e incluso expandilas.
    a min xa me preguntou xente de fora que era eso do magosto,
    e que lle gustaba esa festa,
    asi que pronto
    uns rubios nórdicosw
    pode que estean a asar castañas
    polo sanmartiño

    :-)

    mirémoslle a parte boa a esto da globalización.

    ResponderEliminar
  11. Grande saída do pícaro! Miña nai ten outra para os pedichóns: "Outros coma ti viñeron antes e non levaron nada... e a todos non se lles pode dar!"

    ResponderEliminar

És humano ti ?