Páxinas

mércores, 4 de novembro de 2009

O " Tatuado "



Remataron as miñas vacacións e volvín ao traballo. Hai poucas novidades: un fillo dun compañeiro tivo a gripe A e contrataron un home grande como dous ( semella que a crise imos capeala ). Volvín mirar compañeiros como o " Tatuado ". A primeira impresión que levei del non me gustou muito: leva muitas tatuaxes, estaba serio, falaba pouco e koruño. Pero a medida que pasaba o tempo descubrín o seu perfil máis humano: facía bromas, preocupábase polos animaliños e ata me contou a súa última bondade. Resulta que está proibido fumar pero el vai ao baño igual e alí alivia o vicio. Nese tempo " morto " descubriu unha arañeira e collía el moscas coa man e púñallas á araña. E así fíxose amigo da araña e ata falaba co ela. Pero pasou o tempo e o outro día estaba triste porque a muller da limpeza fixera desaparecer a súa mascota.
En fin, que debaixo dun corpo tatuado pode haber un corazonciño sensible.
A foto é de Doisneau.

14 comentarios:

  1. pois sí, paideleo:
    os tópicos sempre esconden as verdades.
    (mira, ó final, do "tatuado" puideches extraer unha ensinanza que lle transmitir ó leo)

    :-)

    ResponderEliminar
  2. E que as aparencias a menudo engañan.

    Bicos

    ResponderEliminar
  3. As veces xuzgamos aos demais polo seu xeito de vestir, ou pola primeira impresion que nos dá, eu tamen comento ise erro. Ao cabo dun tempiño daste conta de que era iso, un erro que pode chegar a ser fulminante sen que nos demos conta.

    Gustame moitisimo esa foto, pero moito moito :)

    Biquiños

    ResponderEliminar
  4. Todos temos corazon uns mais grandes outrosmais .....

    SAUDE

    ResponderEliminar
  5. Mira ti, el(o da foto)rodeado de de mozas dez e con todo esta contemplando cun sorriso a que parece unha foto da nai
    A.Cris

    ResponderEliminar
  6. Unha clara forma de descubrir que as apariencias enganan ;)

    ResponderEliminar
  7. E debaixo dalgún corazonciño tamén che hai cada tatuaxe...

    ResponderEliminar
  8. As aparencias enganan e pódennos levar a prexuízos... Certo todos temos un corazonciño ;)
    Saúdos!

    ResponderEliminar
  9. Coido que todos temos unha alma sensible. Algúns mais fonda ca outros, eso si!

    ResponderEliminar
  10. OHH!! que anecdota mási tenra..se é que as apariencias enganan....sempre hai que mirar máis alá descubrénse grandes tesouros..
    Biquiños

    ResponderEliminar
  11. Boísema a definición do koruño. Non sabía que existise (a definición) :-))
    Non sei se me fixeron máis gracia os textos nese "idioma" ou as traduccións :-))

    Bicos

    ResponderEliminar
  12. Estamos afeitos xulgar pola aparencia e aínda que ás veces ten que ver coa personalidade, moitas outras erramos
    Gústame moito a fotografía.

    ResponderEliminar

És humano ti ?