Páxinas

xoves, 26 de novembro de 2009

Tempo de regalos


Xa empezan a soar as panxoliñas nos supermercados para lembrarnos o perto que temos o Nadal. Pero hai algúns comercios que xa empezaron cos agasallos un mes atrás como Ötzi, o comercio de roupa que ten o nome daquel famoso cazador prehistórico que apareceu desconxelado nos Alpes. Lembro que daquela houbera un rebumbio coa nova e lembro a anécdota dunha australiana que quería ser inseminada con esperma do cazador prehistórico. A muller non tivo esa " sorte " porque lle dixeron que xa non valía o producto. En cambio, eu si tiven a sorte de levar desta tenda un premio ( se lle podemos chamar así a unha simple bolsa de tea ).
Está visto que neste mundo hai que saber de todo; ata tocar a punta do nariz coa lingua !.

7 comentarios:

  1. cando comes unha torta é unha boa avilidade, parabens, Saúdos e apertas

    ResponderEliminar
  2. Algo e algo,no supermercado o DIA se queres unha bolsa tes que pagala.

    Que na seguinte che toque a cesta do nadal

    Sorte

    ResponderEliminar
  3. Home pois non é tan difícil tocar o nariz coa lingua eu aínda a toco hoxe e iso que cos anos vanse perdendo certas habilidades e vanse collendo outras.
    Unha bolsa é unha bolsa, hai que conformarse a min no Carreffour cóbranme 50 céntimos por unha que din que é para cuidar o medio ambiente e resulta que son de plastico, iso si, grandes e máis duras que as que regalaban.
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Non está mal ehh! que hoxe de ralagr enténdese pouco.
    A min o Nadal non me gusta moito, todo o tinglado que hai montado o redor del.Ademáis cada vez o adiantan máis.Protesto!
    Un bico!

    ResponderEliminar
  5. Pois eu non podo nin empuxando a lingua cun dedo, en fin, haberá que pasar por unha tenda onde soliciten outras habilidades.

    Apertas.

    ResponderEliminar
  6. Joder, que susto!. Cando dixeches que ti sí tiveras sorte...pensei que te inseminaran a ti, cajonatóssss!

    Agora quédome coa duda. Déronche a bolsa por chegar coa lingua ó nariz?. Eu non me dou lambido nin siquera o cóbado...

    ResponderEliminar
  7. ¿e tí chégaslle coa lingua a punta do naris?
    dilaida seica pode! seica é unha habilidade que se colle na infancia?
    pois eu non podo nin puiden nunca!
    claro que, por unha bolsa de te, tampouco paga moito a pena
    pero,
    unha habilidade coa lingua sempre merece unha felicitación.
    :-)

    ResponderEliminar

És humano ti ?