Páxinas

sábado, 28 de novembro de 2009

Viñas en outono


Menos mal que hai viñas para poder desfrutar das cores do outono. A chuvia destes días está botando abaixo as follas tinxidas das videiras.
Sabías que as follas de vermello escuro corresponden a viñas de tinto e as amarelas a viñas de branco ?.

13 comentarios:

  1. Non o sabía. Eu de viños entendo unicamente sobre a mesa...(e, daquela maneira!)

    Oes, que non sei que raio fixen cos comentarios na Chousa e estraguei o teu. Se quixeras volver, agradézocho; pero en todo caso pido disculpas polo erro

    ResponderEliminar
  2. Pois eu tampouco o sabía, nin tiña reparado niso. Pero dende agora heime fixar a ver se tes razón...

    ResponderEliminar
  3. ai, pois eu sí que o sabía!
    púxenme contenta coma cando na escola preguntaba a profesora e erguía o dedo eu soa jajaja

    ese camiño-tunel debaixo da viña, que boa sombra ha ter no vran...
    e as follas das vidras do viño tinto que vermelliñas e chamativas están no outono...

    ResponderEliminar
  4. Eu non o sabia. Pásame como a Chousa, eu de viños, na mesa e ainda así, supoño que pouquiño.

    ResponderEliminar
  5. non o sabía, non. Pero agora xa me fixarei máis. saudos.

    ResponderEliminar
  6. No eido houbo unhas zepas coas follas de esa cor e tiñan unhas uvas grandes,so sei que nin eran tintas nin brancas,creo que lle chamaban "clarete",non estou seguro os anos non pasan en balde.

    Que gane o mellor

    ResponderEliminar
  7. Vaia unha foto ben fermosa! Eu iso xa cho sabía, onde eu nacín aínda que o viño non é moi forte, haiche bastante e ten a sona de ter unha das mellores aguardentes de Galiza.
    Bicos

    ResponderEliminar
  8. Pois si, si o sabía (ou sempre pensei que erá así) fermosa viña :) SAúdos e apertas

    ResponderEliminar
  9. Ah pois non, non o sabía....Encántame a foto!!

    ResponderEliminar
  10. Non o sabia, e sendo de terra de viño case é imperdoable.
    Un bico

    ResponderEliminar
  11. a foto é tan bonita que con permiso roubocha,e a pesar de vivir nas Viñas non sabía o das cores das follas.
    bicos e que bonito está o noso Leo!!

    ResponderEliminar
  12. Pásame como a case todos, mira que non estei farto de mirar viñas e ata de podalas (cada día menos) nunca reparara no tema. Se é que andamos a correr.

    ResponderEliminar
  13. onde é isto? xuraría que estiven aí embaixo...

    ResponderEliminar

És humano ti ?